UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 13 de diciembre de 2018

LAKSHMI

Resultado de imagen de lakshmi  O último reto ao que nos enfrentamos na Pementeira foi averiguar como se chama unha deusa da India que se representada sentada sobre unha flor de loto. Penso que xa sabedes que cada neno/a da aula ten na súa tarxeta do nome un personaxe mitolóxico e pouco a pouco imos coñecéndoos  a todos. O luns lemos un conto sobre a India "Kali e o elefante branco" e aproveitei para que  os peques  observaran a tarxeta de Mariña e plantexeilles que averiguaran na casa quen era esa deusa hindú e cal era a súa atribución.
   LAKSHMI, que así se chama, é a deusa da boa fortuna, da abundancia, do amor e da beleza. Represéntase sobre unha flor de loto que se relaciona coa vida e a fertilidade. 
    Agora buscaremos algo máis sobre esta deusa para coñecer un pouco máis profundamente a súa figura.
    Moitos pementeiros/as chegaron coa resposta ao reto. ¡Parabéns a todos os que se animaron a investigar! E aplausos para os que chegaron á resposta correcta. Mariña. Pablo, Daniel, Marcos, Alex V.R. e Alex V.S.




   Hai que aclarar que a resposta de Alex V.S. é tamén correcta porque  KAMALA é unha palabra con moitas atribucións na India, pero precisamente un dos seus significados refírese a Lakshmi. Eu, nun principio pensei que a resposta non era correcta pero o feito de que se representara sentada nunha flor de loto (que era xusto a pista que eu lles din aos nenos/as) fíxome dubidar e comenteilles que tiñamos que investigar se Kamala podería ser outra maneira de nomear a Lakshmi (do mesmo xeito que Neptuno e Poseidón, por exemplo, son o mesmo deus). Buscando na wikipedia atopamos que Kámalā es la diosa Lakshmi en su aspecto más agradable. Se la muestra sentada en un loto, símbolo de pureza.


 Imagen relacionada

1 comentario:

  1. Claro, na Pementeira viaxamos tanto que cambiamos de continente nun pispás!!!!!! e máis que nos queda por viaxar!

    ResponderEliminar