UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 10 de diciembre de 2018

KWAKU ANANSI

    A semana pasado propuxen un novo reto na Pementeira. Como todo o mundo coñece aos superheroes e, especialmente, os nenos e nenas disfrutan co xenial Spiderman (do cal acaban de estrear unha nova película animada), pois pensei que sería interesante que os máis pequenos descubriran que antes deste personaxe que trepaba polos rañaceos de New York  xa existía outro home araña en África. Así que ese foi o reto: averiguar quen foi ese home-araña africano. Houbo bastantes respostas correctas e, unha vez máis, dos erros tamén aprendemos algo. 
   ¡Parabéns para todos/as os/as participantes! e especiais felicitacións para Marcos, Mariña, Daniel, Alex V.S., Alex V.R., Aleixo, Pablo, Yeico e Rafiña por escoitar ben a pregunta, investigar e dar coa resposta correcta.










   E a resposta é: o home-araña africano chámase Anansi, ou Kwaku Anansi. El desexaba poseer todas as historias do mundo (cousa que todos desexaríamos, claro, porque as historias fan que vivamos moitas vidas, que viaxemos coa imaxinación, que sintamos emocións, que desenvolvamos a nosa intelixencia, que disfrutemos con cada palabra...) e pediulle ao deus do ceo Nyame que lle concedera ese don. Nyame propúxolle tres probas moi difíciles de conseguir: cazar o leopardo Osebo, as abellas de M´Boro e a enorme serpe pitón Onini. Anansi logrou superar esa tres probas e así conseguiu ser o poseedor de todas as historias do mundo.
    Non me digades que non é fermoso pensar que alguen desexa ter historias en vez de querer ter ouro, diamantes ou outras posesións materiais. Pois na Pementeira queremos, como Anansi, coleccionar relatos, contos, lendas, mitos e disfrutar cada día descubrindo personaxes novos e vvindo aventuras emocionantes. ¡Ben por Anansi!
   Algúns pementeiros, como Enzo e Yeico, trouxeron información sobre un mito grego, o de Aracne, que tivo a osadía de competir coa deusa Atenea facendo un tapiz fermosísimo que provocou os ciumes e a envexa da deusa. Esta decidiu castigar a Aracne e convertila en araña. E Óscar trouxo unha historia que sucedeu en París fai uns meses, un home chegado desde Mali a Europa, sin papeis, vendo que un neno pequeno estaba colgado nun balcón dun edificio, non dubidou en escalar varios pisos poñendo en risco a súa propia vida para salvar a do pequeno. Grazas a esa proeza concedéronlle a nacionalidade francesa. unha historia emocionante que nos debería facer reflexionar a todos, non creedes? A resposta de Óscar non podía dala por válida porque este home é tan real coma nos, non é un personaxe da mitoloxía africana aínda que  o que el fixo podería parecernos unha historia mítica.



No hay comentarios:

Publicar un comentario