UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 14 de diciembre de 2018

BOS DESEXOS DE NADAL

       Os pementeiros/as vanse animando a traer os seus adornos para a árbore de Nadal do cole e os seus bos desexos para estas datas, para o ano 2019 e para os  anos vindeiros tamén, claro. Cada día vaise enchendo a árbore de infantil coas manualidades, postais e debuxos que todos os nenos e nenas de infantil van traendo.




 
























 Resultado de imagen de gifs animados navidad
   E aproveito esta entrada para agradecer a todas as familias que están colborando na recollida de alimentos que organizou o centro. Eu falo moito cos nenos/as sobre estas cousas, como debemos axudar a quen ten menos que nos, agradecer a sorte que temos de vivir con tantas comodidades neste primeiro mundo e reflexionar sobre as inxustizas que se viven en moitos lugares a causa das guerras, da pobreza, da falta de recursos, das desigualdades... Para estes peques é complicado compartir así que é importante que vós, desde a familia, lles axudedes a valorar o que teñen e lles ensinedes a dar aos que o necesitan. ¡GRAZAS! Como dixen na entrada da caixa de Pandora, os nenos/as son a esperanza para que este mundo mellore no futuro e a nosa obriga como adultos é mostrarlles a realidade, axudalos a comprendela, promover a reflexión e motivalos para o cambio.
Imagen relacionada 

2 comentarios:

  1. Respuestas
    1. ¿A que si? con adornos así variados y con buenos deseos está superchulo. Poco a poco se fue llenando y nos recibe y nos despide cada día en la puerta del cole. Ojalá se cumplan esos deseos que están en el árbol y muchos otros que estos días se nos pasan por la cabeza a los que ya somos un poco mayores. ¡Ojalá el 2019 nos traiga muchas alegrías a todos!

      Eliminar