UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 13 de mayo de 2017

XOGO DE MEMORIA

         O Willy Fog do venres foi o pementeiro Alejandro V.R. que non podía estar máis contento lucindo o disfrace do protagonista da "Volta ao mundo en 80 días". Tan cómodo se atopaba coa máscara que nin a quitou para pasar lista.




     Tivemos un día bastante divertido porque cantamos moito e agora temos novas cancións favoritas. Xa sabedes que nos encanta "A ratiña curiosa" ou "The weather song" por citar só dous exemplos pero ultimamente o que máis nos anima a mover os esqueletes é a canción dos días da semana e a dos números (no lateral dereito, no apartado "Os nosos enlaces favoritos" podedes atopar os links para escoitar estas cancións na casa). Para que comprobedes o ritmo dos pementeiros, o que lles gustan as cancións, o que lles encanta berrar e o que disfrutan movéndose podedes ver os seguintes vídeos.





         Outra cousa interesante e divertida que fixemos onte no cole foi xogar cun memory con moitos dos monumentos que xa coñecemos  grazas ao proxecto da volta ao mundo. Estivemos collendo o tranquillo a isto de memorizar en que lugar está cada imaxe e iso non sempre é fácil, pero está moi ben para traballar a concentración, a atención e a observación.


























    O luns tocaralle xogar ao equipo do Taj-Mahal que é o único que falta a ver que tal o fan. Tdos os que xogaron penso que comprenderon as normas do xogo pero a algúns cóstalle estar atentos mentres non é o seu turno e así é imposible saber onde está cada imaxe. E outra cousa que fan, moi divertida e que demostra a pouca picardía que teñen aínda, é que se é o turno dun compañeiro pero outro sabe onde está a parella correspondente dun dos monumentos, avísan ao compañeiro sinalando a tarxeta "¡está aquí, está aquí!" en vez de esperar o seu turno e collela eles, e iso que queren gañar (de feito algún ata fixo como que quería chorar porque non conseguiu ningunha parella). Pero, en fin, iremos perfeccionando a técnica do xogo.
     E, para rematar esta entrada, aquí vos deixo unha mostra de que os nenos e nenas da aula están verdadeiramente mergullados no mundo da arte grazas ao noso proxecto. Yeico trouxo unha foto dunha pintura que estivo facendo mentres estivo enfermo coa varicela. ¡Mirade que ben lle quedou!¡Da gusto ver que os máis peques disfrutan tanto pintando! ¡Oxalá teñamos en infantil unha boa canteira de artistas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario