UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 20 de mayo de 2017

PREMIOS LETRAS GALEGAS 2017

    Hoxe foi un día estupendo na Pementeira. Disfrutamos coas actividades habituais do día nun ambiente agradable e bastante relaxado, sen berros nin pelexas... ¡un día estupendo! ata os nenos e nenas dicían "hoxe estámonos portando superbén" e a verdade é que foi así co cal estou feliz de poder decirlles ás familias que rematamos a semana moi contentos. Pero é que, ademáis, hoxe foi a entrega oficial dos premios do concurso de poesía e debuxos das Letras Galegas. E, claro, a sorpresa foi que chegou a profe Selina á aula cun agasallo na man para unha nena chamada Sara García, ¡a gañadora do concurso de debuxos! coa súa ilustración de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" ¡Qué alegría levamos todos! Sara estaba feliz e a profe orgullosísima.





 

      Os outros gañadores de infantil foron Mauro da aula "A Sementeira" e Ana do "Paseo do Espolón". As profes estamos felices con estes premios e esperamos que os nenos e as súas familias tamén, claro.
               
+
      En Primaria os premios de poesía foron para Nora Piñeiro e Antía Orosa que son ex-pementeiras así que imaxinade o contenta  e orgullosa que estou eu. ¡Parabéns para esas dúas campionas!
                   
         Os premios son importantes pero quero, tamén, felicitar aos demáis participantes no concurso porque o primeiro paso para poder gañar e esforzarse, facer o traballo  o mellor que podemos (sexa debuxar, escribir, cantar ou bailar) e presentalo ao concurso, se non participamos non gañaremos nunca. Así que todos os participantes recibiron un pequeno agasallo polo seu esforzo. A profe Ana foi a que trouxo os paquetiños para a nosa aula e llos entregou a sara García, Aleixo, Gabriel, Valeria e Noa.








  
               A profe Teté fixo a entrega dos agasallos na aula "A Sementeira" a Mauro, Aitana, Lucas e Pedro. Hai que dicir que nesa aula particparon máis nenos pero hoxe non poideron recibir o seu premio porque a varicela, despois de pasar pola Pementeira, está deixando bastantes baixas na aula veciña.
                         
               
                          

         No "Paseo do Espolón" tamén houbo moita participación  e aquí están as fotografías dos nenos e nenas recibindo as súas chuches.
        ¡Parabéns para todos os participantes e as súas familias!
              

No hay comentarios:

Publicar un comentario