UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 23 de mayo de 2017

O LIBRO VIAXEIRO XA ESTÁ EN CAMIÑO

    Levamos uns días sin mostrarvos os "Willy Fog" que se encargan de pasar lista, así que hoxe é o momento de poñer as fotografías os últimos pementeir@s que tiveron a sorte de disfrazarse para que vexades que felices estaban e que ben cumpriron coa súa obriga cotián. Os afortunados, nesta ocasión, foron: Aleixo, Anrís, Alejandro Vázquez Seco, Sara Vidal, Hugo e Enzo. Case todos os nenos e nenas se vestiron de Willy Fog e agora estamos dándolle a oportunidade aos que estiveron enfermos, e lles pasara o seu turno, de poder facelo tamén, xa que teñen moitas ganas.




 









 



 



 



    Vendo o divertido que é disfrazarse, está claro que temos que organizar un recunchiño con algunhas prendas de roupa e distintos accesorios para poder xogar... Xa o pensei a principios de curso pero creo que teño que poñerme xa porque pode ser unha maneira divertida de estimular a imaxinación e a creatividade, a representación de diferentes roles, a expresión oral e o xogo asociativo.

Resultado de imagen de gifs animados libros     Outra noticia que espero que sexa do agrado de todas as familias é que xa está listo o "libro viaxeiro" que visitará as casas de todos os pementeiros/as como actividade final do proxecto de arte. O libro é un resumo das diferentes experiencias vividas ao longo de, practicamente, todo o curso en relación coa "Volta ao mundo en obras de arte". Xunto co libro "viaxará" a tartaruga Manuelita, dous quebracabezas e o Memory dos monumentos. 
Resultado de imagen de gifs animados tortugas
Todos estes materiais complementarios teñen a finalidade de promover unha implicación de toda a familia, de potenciar a posta en común das aprendizaxes feitas, de estimular a comunicación e o xogo cooperativo partindo das experiencias escolares, de maneira que, entre todos, logremos que os máis pequenos disfruten aprendendo e aprendan disfrutando. Adicádelle, se é posible, unha tarde a compartir con eles recordos, coñecementos e xogos e, por favor, coidade e respectade os materiais porque teñen que ir a 23 domicilios.






      Resultado de imagen de gifs animados buen viaje   Resultado de imagen de gifs animados buen viaje


2 comentarios:

  1. Enzo estaba desexando ser Willy Fog, foi o primeiro que me dixo 😅. Pareceme unha idea estupenda, disfrazarse e moi divertido, na casa temos algunhas cousiñas que serven para disfrazarse que se necesitades podemos aportar 😊. Estamos ansiosos por ver o libro viaxeiro, coñecer a tartaruga Manuelita e xogar os quebracabezas 👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  2. Que ganas temos de que chegue a casa!!!

    ResponderEliminar