UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 9 de mayo de 2017

EXPERIMENTO COA COR 3

Resultado de imagen de el pais de las pulgas
          Empezamos a xornada do martes lendo un conto moi interesante titulado "EL PAÍS DE LAS PULGAS" que nos axuda a comprender que todos somos diferentes pero, aínda así, ou precisamente grazas a iso, podemos disfrutar e pasalo ben todos xuntos.

  
      Logo a protagonista do día foi unha nova Willy Fog que fixo moi ben o panel aínda que sin sombreiro porque lle tapaba os ollos. E que seguramente o Willy Fog que nos prestou o disfrace tiña a cabeza máis grande que Icía. De todos os xeitos ela estaba encantada de poder ataviarse coa chaqueta e a garabata vermella.
       



      Despois de facer o panel estivemos recordando cales son as cores primarias. Moito pementeiros xa sabían que son o amarelo, o vermello e o azul. Así que empezamos unha actividade impresa na que escribimos os nomes das cores e pintamos tres círculos cada un de unha desas tres cores primarias. Un pementeiro ata se animou a escribir el só a palabra "vermello" na pizarra.

     Todos fixeron a ficha moi ben, estamos avanzando pouco a pouco na escritura copiando palabras. Ás veces pode costar un pouquiño se nos despistamos no medio da palabra e non recordamos en que letra estábamos, pero teño que dicir que a maioría da clase prestou atención e o resultado foi satisfactorio.
    Despois fixemos un experimento moi vistoso precisamente coas cores primarias e con leite. Aos pementeiros/as chamoulle moito a atención que eu botara leite nunha cubeta para facer un experimento. Pero gustoulles moito ver o resultado aínda que se puxeron un pouco nerviosos porque todos queren ter a vista máis privilexiada e parece que querían facer coma Cleopatra e bañarse no leite. Pero, en fin, aquí vai o proceso e algunhas fotos do resultado.
         1.- Botamos leite nunha cubeta.
    2.- Botamos colorante alimenticio de cor amarela, azul e vermella pero sen mesturalos.
                3.- Cun bastonciño de limpar os oídos, impregado en xabón de lavavaixelas, tocamos suavemente as cores e estas empezan a moverse, a expandirse e a mesturarse  dun xeito ben chamativo. Así van xurdindo novas cores. ¡Mirade!











3 comentarios:

  1. Encantame o experimento con leite e colorante alimenticio,cantas cores novas apareceron 👏👏👏

    ResponderEliminar
  2. ¡Canto me alegro! porque estes días están especialmente inquedos e cóstame bastante que me escoiten e me fagan caso. De feito, sei que o experimento lles encantou e quería gravar un cachiño en vídeo para que eles poideran tocar co bastonciño e vós vírades o efecto que fai... pero estaban tan alborotados e todos querían meterse dentro da cubeta directamente, jajajaja, que parei aí. Teño intención de poder repetilo e deixarlles ser máis protagonistas no proceso. Tratarei de conseguilo!!!! Grazas por comentarme estas cousas porque tamén me axuda a ter máis claro o que lles gustou ou non!

    ResponderEliminar
  3. Pois é verdade q o dono do sombreiro ten a cabeza un pouquiño mais grande, pero solo un pouquiño . Ja ja ja
    O experimento xenial

    ResponderEliminar