UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 4 de mayo de 2017

REMATANDO COUSIÑAS

      Hoxe foi un día un pouco máis complicadiño que o de onte. Parece que os pementeiros/as viñan co botón do volumen de voz a tope e houbo bastantes berros. Pero, en fin, imos comentar o importante e isto é que tivemos un novo Willy Fog que foi Óscar e que estaba encantado da vida co disfrace.

      Despois fixemos unha actividade impresa do número 3 que saíu, en xeral, requetebén (puxen moitos "excelentes" e "xeniales") e algúns nenos/as remataron a ficha de "A Danza" de Matisse que onte non poideran rematar. Algunha delas quedaron realmente ben.











         E seguimos investigando sobre o proceso creativo do escultor tratando de reproducir unha figura humana semellante á que estamos a facer co barro, pero hoxe con plastilina. Houbo intentos que se achegaron bastante e unha, en concreto, que quedou realmente ben.


2 comentarios:

  1. Si que estaba contento foi o primeiro que me contou moi guapo sii señor jaja , A Danza quedou xenial moi bo traballo pementeiros

    ResponderEliminar
  2. Pois mira, xa temos un escultor tamen entre OS pementeiros.

    ResponderEliminar