UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 8 de marzo de 2017

¡PRIMEIRA SAÍDA AO TEATRO!

      Hoxe tivemos un día emocionante xa que fixemos a primeira saída ao teatro. Os pementeiros/as estaban emocionados sobre todo porque tiñamos que ir no autobús (e preguntáronme non sei cantas veces "¿profe, ti tamén ves con nos no autobús?" porque, claro, iso non é o habitual).
      Antes de marchar, recordamos algunhas cousiñas sobre como ir na fila, no bus, e como comportarnos no teatro. Tamén tivemos tempo de ir todos ao baño para non ter problemas despois e unha vez aclarado todo o importante... ¡listos para saír!





















E unha vez situados nas nosas butacas, ¡ a disfrutar do espectáculo!




















        E, finalmente, tocou volver ao cole para tomar a merenda e xogar e correr un pouco polo patio. Como a temperatura era moi agradable, fixemos o primeiro picnic do curso e todos quedaron encantados de poder merendar no patio co noso mantel de vacas.
¡Un día estupendo!






5 comentarios:

  1. !!Que contento veu por merendar no patio¡¡¡,jeje

    ResponderEliminar
  2. Que caras de alegría levaban todos tiñan moitas ganas e disfrutaron como tiña qie ser, da gusto velos asi de contentos

    ResponderEliminar
  3. Esperemos que teñamos máis oportunidades de ir ao teatro ou concertos ou a museos (eu que sei! hai tantas cousas que ver!) e, por suposto, moitas ocasións de merendar no patio, disfrutando do aire libre e o bo tempo!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Marcos esta pedindome por favor que o deixe escribir pero non atina co dedo así que escribo eu por el: "moi orgulloso do teatro ponlle no blogue" ja ja
    A verdade e q foi toda unha experiencia. Como cada cousa nova q fan, que se emocionan un montón. Espero q esa emoción e ganas de ver cousas novas dure.

    ResponderEliminar
  5. Enzo chegou super contento!!! E como el seguro que o resto de compis porque se lles ve nas caras de alegria, por certo lle gustou un montón a obra e contounola na casa😄. Merendar o aire libre, seguro que todo ten moito mais sabor, unha idea xenial

    ResponderEliminar