UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 11 de marzo de 2017

PLANTANDO BULBOS

    O venres, aproveitando estes días soleados que parecen adiantar a primavera, saímos ao patio para plantar uns bulbos que nos regalaron a profe María e os nenos/as de 5 anos. Primeiro estivemos observando como son os bulbos. Case todos os pementeiros/as dixeron que parecían cebolas ou allos (e Dani explicounos que a súa mamá ponlle cebola cando el ten moita tos). Despois de aclarar que non son nin cebolas nin allos, senón o xermen dunhas preciosas flores (quizá narcisos, ou tulipáns coma os de Holanda...)
    Tamén fomos ver os bulbos que plantaron os nenos/as do Paseo do Espolón; algúns xa brotaron e se convertiron en preciosos narcisos.







    Así que o venres tivemos a oportunidade de plantar os nosos bulbos e agora teremos que esperar un pouquiño para poder ver que é o que brota. Collemos uns testos, uxemos terra e  colocamos os bulbos con coidado no seu leito terroso e, por último, botámoslle un pouquiño de auga que é imprescindible para que medren as plantas.























          E antes de marchar aínda tivemos tempo de disfrutar un pouquiño vendo a presentación dos nomes que está no blog (que é probablemente a favorita dos pementeiros/as). Así aproveitamos para repasar os nomes de todos os compañeiros, observando a súa escrita e para xerar ese espíritu de grupo e de equipo que nos gusta ter na aula.



Resultado de imagen de gifs animados buen fin de semana


2 comentarios:

  1. Ahora toca esperar a ver q nace neses testos despois de plantar OS "bulbos"

    ResponderEliminar
  2. Preciosos están os narcisos dos nen@s do paseo do espolón. Enzo encantado estaba coa plantación de bulbos, me dixo que plantaran flores, e nos explicou o proceso de plantación 😅😅, Agora si, toca esperar a que broten 🌷🌷🌷🌷

    ResponderEliminar