UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 24 de marzo de 2017

¡ÒSCAR XA TEN 4 ANOS!

    Outro pementeiro que se fai maior: Óscar xa ten 4 anos e quixo compartir con todos os seus compis (e as profes) unha merendola ben completa. Trouxo un gran biscoito, unha caixa de galletas, chuches e bombóns para as  profes.
   Por suposto antes de nada, o protagonista do día tivo que apagar as candeas (e fíxoo con moito interese e concentración absoluta) e, despois, todos os seus amigos/as lle cantaron a canción de "Cumpleanos feliz" e xa empezamos a comer. Estaba todo boísimo!!!! Os pementeiros/as estaban hoxe preocupados pola miña alimentación e insistían en que tomara un cachiño do biscoito, cousa que fixen, claro, e disfrutei porque estaba delicioso. O que pasa é que tiven que apurar porque aínda non acabara de meter un bocado, cando xa estaban pedindo todos unha segunda ronda e xa tiven que poñerme a repartir biscoito de novo. ¡Grazas Yolanda, por traelo xa todo cortadiño porque, así, foi todo moito máis rápido! 



 Resultado de imagen de gifs animados cumpleaños

















    Estamos intentando acostumbrarnos a comer todos xuntos, así que hay que ter paciencia e ata que todos os compañeiros teñan o seu cacho de biscoito ninguén pode empezar a comer. É a única maneira de que poidamos facer un reparto máis ou menos equitativo (porque doutro xeito cando eu acababa de entregar o último cacho de biscoito, os primeiros xa pedían o segundo e se o pastel non era moi grande... pois xa non chegaba para os demáis. Agora comemos xuntos e eu aproveito para facer cachiños máis pequenos no biscoito que sobrou, de maneira que todos os que queiran repetir poidan facelo).
     Despois de dar boa conta do biscoito e as galletas, Óscar ofreceulle un bombón ás profes e repartiu as chuches aos compañeiros/as (que estaban superfelices, claro).

Resultado de imagen de gifs animados cumpleaños




















3 comentarios:

  1. Que gusta da ver o contentos que estaban todos , Oscar estaba moi nervioso co dia de hoxe ,pero o mellor e que chegou super contento do cole , gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois eu encantada de que el disfrutara porque era o seu día! E a maior parte do traballo facédelo vós traendo as cousas ao cole para que o compartan cos compis e as profes! así que grazas a ti por facilitarme o traballo, foi sinxelo porque nin tiven que partir o biscoito, jajajaja! Gustoulles moito a todos e aínda tomaron algunhas galletas!!!!

      Eliminar
  2. PARABÉNS OSCAR!!!!🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎂

    ResponderEliminar