UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 15 de marzo de 2017

¡OUTRO PICNIC!

     ¡Que sorte temos! Con este soliño que quere adiantar a chegada da primavera, podemos saír ao patio para tomar as merendas. Así non pasamos tanto tempo sentados na aula, movémonos máis e podemos respirar aire puro.  Hoxe colocámonos á sombra da árbore que temos no patio para degustar tranquilamente  as merendas e despois de recoller todo e facer pis xa iniciamos o período de lecer, o recreo, antes de que saíran os nenos de Primaria.
    




Antes de regresar á aula, tivemos tempo de botarlle unha pouquiña auga aos bulbos que plantamos o venres. ¡Estamos desexando que medren un pouquiño xa!.




     Na aula estivemos pintando con acuarelas un folio de maneira completamente libre, mesturando cores ao gusto de cada un e empregando aquelas que máis lle apetecía a cada pementeiro/a. Pero ese folio ten un segredo escondido que vai dar unha sorpresiña. Hoxe vouvos mostrar como quedaron eses "cadros abstractos" e mañán xa vos mostrarei o resultado final.











Onte estivemos xogando ás estatuas na aula de psico e bailando o Hoky-Poky (que aínda temos que perfeccionar moito).



     E, para rematar esta entrada, aquí vos deixo a historia que estamos a ler na aula ultimamente. É un libro divertidísmo que está causando furor entre os pementeiros/as e que trouxo para o recuncho do proxecto a nosa compañeira Sara García. Varias mamás me preguntaron sobre este libro porque hai nenos e nenas que falan del na casa e,mesmo, o queren mercar. Por iso volo mostro aquí. E aproveito para agradecerlle esta aportación a Sara García e a súa familia porque, a verdade, é que lle estou sacando moito partido e estamos disfrutando moitísimo coas cartas, as contraseñas e as viaxes polo mundo do pequeno dragón voraz Coco.



5 comentarios:

  1. A Valeria encantoulle merendar no patio. So que quedou coa pena de non regar os bulbos.

    ResponderEliminar
  2. Wii!!!! Foi o primeiro que contaron. Grazas pola información do conto....Xa andamos a súa procura!!!!

    ResponderEliminar
  3. Si estes pementeiros pasanno xenial merendando no patio , Oscar queria chegar super rapido para non perderse a merendola estaba todo preocupado,pero chegamos a tempo e quedou super contento

    ResponderEliminar
  4. A verdade e que estamos un pouco intrigados co libro. Pero a min o q me sorprendeu hoxe foron eses "cuadros" abstractos "maxicos". Que será que será...

    ResponderEliminar