UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 10 de febrero de 2017

RESUMO DO XOVES E O VENRES

     Xa rematamos outra semana máis. O tempo voa! E, claro, como estamos tan ocupados non temos tempo de aburrirnos nin un segundo. Agora ides ver varias cousiñas que estivemos facendo onte e hoxe.
    Por suposto, tivemos dous novos Willy Fog na aula. O xoves foi Izan e o venres Marcos. Os dous tiñan moitas ganas de ser os protagonistas, pasar lista, axudar á profe a repartir o material ou as merendas e, o máis importante, ir de primeiros na fila. Todos os compañeiros/as felicitaron a Izan  e Marcos por pasar lista requetebén.

Resultado de imagen de willy fog colorear








Resultado de imagen de willy fog colorear





          Xa rematamos a nosa versión de "Cala amarela" de Georgia O´Keefe e xa está colocada á beira das "Amapolas" da mesma pintora. Agora teremos que pintar outras dúas obras de arte para colocar nos outros dous espazos libres do marco que temos preparado e, finalmente, colocar a nosa montaxe no corredor de infantil, o noso museo particular. 









         Eu non sei o que pensades vós, pero eu estou abraiada con estas pinturas. Aínda que eu lle dou uns pequenos retoques finais, teño que dicir que estes nenos e nenas están poñendo moito entusiasmo nestas actividades e os resultados son espectaculares. Estamos traballando moitas cousas mentres pintamos: a teoría da cor, a concentración, a observación, a memoria visual, o control grafo-motriz e a coordinación óculo-manual, o afán de superación, o sentido estético, a organización e percepción espacial... Felicitade aos peques polos resultados obtidos e, sobre todo, por ter ganas de participar e facelo con entusiasmo e sen medos.

        Como temos moitos libros de arte na aula, organizamos unha mesa especial para eles. Así cando queremos disfrutar dalgún deles é máis doado collelo e logo volvelo a poñer no seu lugar. Os pementeiros/as disfrutan moito "lendo" estes libros.







    Aínda están chegando máis cousas para o noso recuncho do proxecto, ou para o corredor. E, casualmente, os dous "Alejandros" da clase trouxeron cousas: Alejandro Vázquez Rodríguez trouxo outro móvil (que aínda non colguei) cunha foto do modelo que seguiron para facelo.¡Quedoulles fenomenal! E Alejandro Vázquez Seco trouxo uns preciosísimos tulipáns holandeses que me encantaron; puxémolos en auga e están no noso recuncho para que todos poidamos disfrutar das súas cores e o seu aroma.



     Tamén fixemos e pintamos unha nova silueta como as de Keith Haring para colocar no teito do corredor. Esta vez o neno encargado de facer de "plantilla" para o silueteado foi Anrís que estaba todo contento alí tumbado no papel branco.







Agora temos que colocar todas as siluetas que fixemos en infantil (os nenos da Sementeira e do Paseo do Espolón tamén traballaron moito e xa temos unha boa colección de siluetas de cores chamativas) no noso corredor. Algunhas xa están colocadas e o aspecto da nosa entrada vai tendo esta pinta tan pop.

       E, antes de rematar esta entrada, non podo esquecerme de compartir as fotos dos pementeiros que escribiron o seu nome na PDI onte e hoxe. Dígovos que estou impresionada coas ganas que teñen de facelo, non fan máis que insistirme en que queren poñelo e hoxe, sen ir máis lonxe, ía facer outra cousa antes de saír e cambiei de idea. Se queren escribir o nome, pois a escribir o nome!









E agora si que remato cun vídeo. Aquí están estes peques cantando "How´s the weather", unha canción en inglés que lles gusta moito e que interpretamos todos os días cando facemos o panel e observamos que tempo fai fóra.
     Eu remato esta semana completamente satisfeita con todo o que traballamos e feliz porque estamos disfrutando moito no cole. Agora toca pasalo requetebomba o finde!!!! Ata o luns!


Resultado de imagen de gifs animados buen fin de semana

  

9 comentarios:

  1. Estou coa boca aberta e alucinando con esas obras de arte. Apuntan maneiras estes pementeiros/as. Noraboa e a seguir así de divertidos

    ResponderEliminar
  2. Mensaxe de Marcos: "Boa sorte. Y me gusta traballar".

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A mensaxe de Marcos é insuperable! A sorte fainos falta a todos, certamente.Así que é un bo desexo. E a segunda parte, que voy dicir eu?, que é xenial que lle guste traballar porque ese é o espíritu que hai que ter, facer cousas, poñerlle entusiasmo e ter afán de superación. ¡Bravo, Marcos!

      Eliminar
  3. Si que traballan ben estes pementeiros son uns pequenos xenios sempre estan con ganas de aprender,a seguir asi pementeiros, e ti tamen tes moito de mérito profe Tete

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Estou encantada con eles! E mérito meu é ben pouco, de verdade, porque este grupo responde moi ben ante calqueira actividade, son moi participativos e, en xeral, mostran moito entusiasmo, esfórzanse e alégranse cos resultados. Está sendo moi sinxelo traballar con eles. espero ser capaz de manter o seu interese para seguir aprendendo e disfrutando. Grazas por participar tanto e manter este blog tan activo!

      Eliminar
  4. Jolin pementeir@s non deixades de sorprendernos😊, que envexa de pinturas,canto e que ben traballades de ahí sempre esas caras de satisfación, seguide traballando asi de ben, sodes uns artistas 👏👏👏

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Iso é o importante, que se sintan satisfeitos do que fan e con ganas de facer aínda máis e mellor. Seguro que o van conseguir!!!!!

      Eliminar
  5. Menudos artistas temos na pementeira !!!
    Seguide así rapaces.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois sí que son artistas. E xa toca empezar novas obras de arte! Xa están no forno, jajajaja!

      Eliminar