UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 21 de febrero de 2017

MATISSE

       Ultimamente estivemos coñecendo a un novo artista: Henri MATISSE.  Primeiro lemos unha historia sobre a súa visa e aprendemos que Matisse empezou pintando cadros pero, despois, empezou a recortar papeis de cores e a facer COLLAGES.



       Despois estivemos vendo algunhas das súas obras. Dúas das máis coñecidas son: "A herba" e "O caracol"
Resultado de imagen de la hierba matisseResultado de imagen de o caracol matisse






           A primeira delas, foi máis comprensible e evidente  para os pementeiros/as. Todos eles decían que vían follas, unha árbore e cousas semellantes... Pero o caracol non o vía ninguén (vían ata unha camioneta cargada de cadrados pero o caracol non aparecía por ningures), nin despois de que eu lle explicara que parte se supón que é o corpo do caracol,  e qué parte é a cuncha (formando unha espiral).
          Entre todos os nenos e nenas de infantil (de A Sementeira e o Paseo do Espolón xunto connosco) decidimos reproducir en grande o collage "A Herba". En primeiro lugar, entre todos, pintamos esas formas que semellan  elementos vexetais. Despois recortámolos e, finalmente, empezamos a organizar a composición tratando de que recordara a orixinal de Matisse. Hoxe coloreamos as letras que forman o nome do autor e colocamos todo na aula de psico. ¡Quedou espectacular!

























































3 comentarios:

  1. Quedou xenial!!!👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  2. Xenial pementeiros quedouvos requeteben parabens rapaces

    ResponderEliminar