UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 16 de febrero de 2017

RECREANDO OBRAS DE ARTE 5

    ¡Qué alegría levei hoxe! Sara García baixou toda contenta do autobús e díxome que traía "a bailarina de Degas". E, certamente, así era. ¡Mirade que "Bailarina"de Degas temos agora no noso recuncho de  "Recreacións de obras de arte"!
Teño que felicitar a Sara e á súa familia porque fixeron un estupendo traballo, analizando e reproducindo perfectamente a pose da bailarina e facendo, tamén, as tres fotografías para ver na súa totalidade a delicadeza e beleza desta escultura de Degas.¡Fantástica recreación! Encántanme todas as recreacións que temos na aula. Se alguén aínda se anima a facer outra diferente, estaremos todos encantados porque nos gusta moito ver as novas propostas que van llegando e recordar o que fixeron antes outros compañeiros/as. ¡Grazas pola vosa participación! 
      Hiago trouxo unha personal obra de arte que el mesmo pintou na casa, e estaba moi orgulloso de mostrarlla a todo o mundo.

Pasando a outro tema, seguimos nomeando cada día a un novo Willy Fog para que pase liste e axude á profe a repartir os materiais de traballo. Onte tocoulle o turno a Anrís. Vendo a súa foto penso que non hai dúbida do orgulloso que estaba.
Resultado de imagen de willy fog colorear








E hoxe foi o turno dunha señorita Willy Fog: Mariña. Por suposto tamén estaba ben contenta e orgullosa de ser a protagonista do día.
Resultado de imagen de willy fog colorear








    Cada día procuramos facer algunha actividade impresa para ir practicando trazos, para coller soltura na realización  das grafías, para identificar os números e asocialos coas cantidades correspondentes e moitas cousas máis. Estes días estivemos reforzando o trazo do número 1 e moitos pementeiros/as se animaron a escribilo na pizarra. 



     Facemos esforzos para intentar concentrarnos nas tarefas porque cando os pementeiros/as están moi inquedos e faladores ou teñen moita presa por rematar, hai cousas que non saen moi ben. Noutros momentos dá gusto velos traballar con tranquilidade e disfutando da música.

Cando rematamos as tarefas, hai tempo para xogar e mirar os libros de arte que son super-interesantes.







No hay comentarios:

Publicar un comentario