UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 19 de febrero de 2017

¡CHEGA O ENTROIDO!

      Iniciamos a semana do Entroido e o Meco empeza a comunicar as súas "mandas" para que todos participemos neste xogo de disfrazarnos. O venres mandamos unha notiña coas "mandas" para toda a semana. Cada día, polo tanto, deberemos respectar a manda correspondente e vir ataviados con roupa ou accesorios que teñan que ver co que o Meco nos pide.
     Así que para que todos tiveran claro o que había que facer para vir o luns , o martes e o mércores ao cole obedecendo as ordes do Meco, estivemos vendo imaxes na PDI que nos permitiran visualizar con máis claridade como podemos vestirnos e facer desta semana algo diferente e divertido.




      Algúns pementeiros/asestaban preocupados porque dicían que non tiñan disfraces de todas estas cousas pero xa lle expliquei que non se trata nin de mercar nada nin de vir  con traxes moi elaborados, simplemente chega con buscar cousiñas pola casa que nos den certo aspecto de hippies (roupa de moitas cores, gafas, cintas no pelo, colgantes...), deportistas (hai moitas posibilidades: roupa de fútbol, de ciclismo, de karate...) ou de bañistas nunha praia (sombreiros de palla, pareos, manguiños, gafas de sol...) Un pouco de imaxinación e bo humor é máis que suficiente. O xoves xa será o día grande no que teremos o festival de entroido e luciremos os  nosos disfraces artísticos.
        Ademáis de falar do Entroido, o venres seguimos cos nosos traballos habituais e estivemos vendo unha animación moi divertida a partir das pinturas de Joan Miró que sempre saca as risas dos pementeiros/as.




2 comentarios:

  1. Que semana máis divertida!!!🎉🎊🎉🎊👏👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver se sobrevivimos a tanto colar, gafas, cintas, sombreiros, perrucas e accesorios varios.... jajajaja! Vai ser unha semana de divertimento porque penso que traballar vai ser difícil! E non me extraña, coas pintas que traemos non é fácil concentrarse, jajajaja!

      Eliminar