UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 9 de febrero de 2017

¡GÚSTANOS SUMAR!

    Onte, mércores 8 de febreiro, foi un día fantástico e cheo de actividade na Pementeira. Primeiro, como ven sendo habitual, o Willy Fog do día pasou lista e fixemos o panel. Óscar fixo requetebén o seu papel e ata os compañeiros o felicitaron e comentaban que o facía fenomenal.
       
Resultado de imagen de willy fog colorear




 Despois estivemos facendo sumas pero dun xeito moi divertido. A verdade é que cada día facemos unha suma cando contamos os nenos e as nenas que quedaron na casa. Nunha man poñemos tantos dedos como nenas quedaron na súa casa sen vir ao cole, e nouttra man tantos dedos como nenos non viñeron; xuntámolos e comprobamos o total de nenos e nenas que non darán a volta ao mundo nos nosos globos aerostáticos. Pero hoxe decidimos facer unhas sumas moito máis vivenciales e interactivas na aula de psico, que temos máis espazo.

























     Como vedes, estivemos sumando nenos/as e conos. Empregamos uns aros como se foran conxuntos e colocamos os tantos elementos dentro como indicaba o número escrito con xiz. Todos os pementeiros/as saíron voluntarios con moitísimas ganas de participar tanto para facer de elemento dentro dun conxunto como para contar o número de elementos no conxunto resultante. Foi super-divertido e todos/as teñen perfectamente claro qué significa sumar. Así que as matemáticas neste grupo de alumnos/as van ser "chupadísimas" como din eles. E como eu lle repito (para que o vaian aprendendo ) "it´s a piece of cake".
     Despois de celebrar o cumple de Adan (que xa vístedes seguro na entrada anterior), tivemos tempo de xogar coa "plasti" mentres escoitábamos música para relaxarnos. No vídeo estamos escoitando "Aire" de Bach (un Adagio moi coñecido que nos dá moita calma e co que estamos a practicar un patrón ritmico, un obstinato, sinxelo que cando interioricemos un chisquiño máis xa o compartiremos con todos vos). 

E case acabamos de pintar a nosa versión da "Cala amarela" de Georgia O´Keefe.




















    E non pensedes que xa rematou o día, non, non, aínda estivemos escribindo un pouquiño os nomes. O primeiro en saír foi Daniel que estaba ansioso porque onte empezou a escribilo e cando iba pola N tocou o timbre e tivemos que saír e hoxe non paraba de repetirme que tiña que acabar de escribir o seu nome. ¡Non sabedes o que me gusta ver ese afán de facer cousas nestes nenos e nenas e como se acordan dun día para outro do que temos que rematar! ¡Estou encantada! (e un pouco preocupada por se non son capaz  de manter tanto entusiasmo constantemente. En fin, espero que vós tamén me axudedes  como estades a facer neste primeiro curso xuntos)




     E aquí rematamos esta entrada. Seguiremos informando do que imos facendo nos vindeiros días. Grazas a todos por visitar con tanta asiduidade o blog e estar tan conectados con todo o que vivimos no cole. 
    Pouco máis podo dicir, foi un mércores redondo, perfecto, fantástico e xenial. Espero que veñan moitos máis así. Non me digades que non aproveitamos o tempo, non?

2 comentarios:

  1. Jolin se aproveitades o tempo, facedes un montón de cousas ben interesantes e sempre moi divertidas!. Grazas a ti Teté por compartilo con nós e grazas por levantar tanto entusiasmo nos pementeir@s e facer que o cole lles guste tanto, Enzo vai contentisimo o cole disfruta un montón, onte chegou a casa e quería por o seu nome en todas partes, o puxo con tiza branca, " ahora mamá o vou a poñer de colorines, ahora vou a poñer o de Icía, ahora o de papá, como se pon mamá? 😅😅, e incrible o traballo que fas 😊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas mil a vos por entender tan ben o que facemos en infantil, por estar tan implicados en todas estas actividades... Non sabedes o que se agradece. Eu estou disfrutando moitísimo na aula porque practicamente todo o que propoño é ben recibido por estes pementeiros/as. É un pracer traballar con eles, de verdade! Estamos avanzando moito e disfrutando tamén, que émoi importante e gran parte deste avance é cousa das familias porque estades reforzando moito, con visión positiva e con ilusión e iso é o mellor que podedes facer pola educación e formación dos vosos fillos/as. GRAZAS!!!!

      Eliminar