UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 11 de diciembre de 2014

¡PREPARADOS PARA O NADAL!

 Estes días estamos xa mergullados no ambiente de Nadal. Estamos preparando as bolsas para levar os traballiños (pero non vou poñer fotos aínda para non revelar ningún segredo), facendo debuxos e colocando os nosos desexos na árbore de Infantil.















E así está quedando a nosa árbore de infantil, chea de bos desexos de Nadal. ¡Esperemos que moitos se cumplan!





 Estes son os coloridos debuxos de nadal que fixeron os pementeiros.



















E despois da Expresión Plástica, pasamos á Expresión Musical. Por estas datas, é unha debilidade miña, sempre trato de facerlles ver aos meus alumnos/as a beleza da música clásica coa Marcha Radetzky de strauss. Unha obra chea de enerxía, igual que moitos/as pementeiros/as, chea de ritmo, chea de alegría, de boas vibracións... Encántame ver como os máis pequenos van collendo o ritmo da marcha, interiorizando cando tocar palmas suave, cando forte... Pouco a pouco, sei que van amar esta obra e anímovos a disfrutala de cando en vez con eles. Agora déixovos un dos múltiples vídeo que podedes atopar en Youtube coa interpretación da Marcha Radetzky na Sala Dourada do Musikverein de Viena. Espero que a disfrutedes tanto coma min. Despois podedes ver como empezan xa a disfrutala os vosos fillos e fillas con só 4 anos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario