Aínda nos chegan algunhas aportacións máis para o noso recuncho sideral. Mariña trouxo un visor de diapositas do espacio que é ¡alucinante!.
Lucía trouxo un vídeo sobre Galileo (da colección "Érase una vez... los inentores") que xa estivemos vendo na aula e está xenial, e Iker trouxo outro foguete espacial realmente chulo. Cando rematemos os que estamos a facer na aula ímolos poñer todos colgados do teito da clase.
Leo quixo compartir connosco un conto titulado "Las Estrellas" que xa lemos e que nos gustou moito e Mencía trouxo unha nave espacial feita en papel que colocamos no sistema solar voando entre os planetas.
E Yago Bandín xa levaba varios días anunciando que ía traer unha nave espacial e cumpliu a súa palabra. Chegou moi feliz coa súa aportación. Pero a foto non me saiu ben, pedinlle a Yago que a levantase para que se vise ben e vou eu e córtolle a "cabeza". En fin, todo ten solución: sacaremos outra foto mellor para que vexades que bonita lle quedou.
Grazas a todos os nenos/as e as familias por participar no noso proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario