UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 15 de diciembre de 2014

A RATIÑA CURIOSA 2

O prometido é débeda. Como sabedes a principios do curso os pementeiros/as cederon as súas voces para gravar a canción da "Ratiña Curiosa" e fixen unha sinxela montaxe co audio orixinal pero debuxos de internet. A miña promesa foi repetir o movie-maker pero con debuxos dos nenos/as e, por fin, está feito. Como cada un debuxou o que quixo hai imaxes, como a da ratiña o a da serpe, que aparece con máis versións, e outras que se repiten menos.
Aquí vos deixo o novo movie-maker que será o que vos grave no pen-drive para levar ás casas.


4 comentarios:

  1. Pasmada me quedo co ben que debuxan os pementeiros e pementeiras. Quedavos ahí un "corto" fantastico. Digno de presentar a un festival, bo merecedor dalgún galardón.
    Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas por esa mirada tan positiva. Os pementeiros/as estarán felices de saber que a montaxe quedou bonita e que lle gustou á xente que a veu. Así que xa llo contarei mañán. Grazas por visitarnos e deixar os teus comentarios!

      Eliminar
  2. Que ben cantan estes pementeir@s... Escoitase a voz dunha ratiña que me resulta moi familiar jajajajaja...Moi ben chic@s...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que sí! E ben que o fixo esa ratiña! Xa imos notando como desaparecen tantos medos e empezan, todos e todas as pementeiras, a cantar, bailar e disfrutar máis no cole. Iso é o que me gusta a min! Traballar, claro, pero con ritmo musical, alegría e seguridade. Grazas Pili!!!!

      Eliminar