UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 12 de diciembre de 2014

¡A ZAMPARSE LA GALLETONAVE!


Hoxe, por fin, chegou o día de comer a galletonave que nos trouxo Lucía. Estaban todos os pementeir@s desexando facelo así que xa non era cousa de facelos esperar máis tempo. Mirade que fame tiñan:





E aínda que isto foi de broma, ao final todos probaron a galletonave e como no conto de Cocorico só quedaron unhas miguiñas polo chan.
Aproveito esta entrada para deixar constancia das últimas aportacións para o noso recuncho espacial:

Nora quixo compartir connosco un libriño sobre as estrelas que trae todas as constelacións. Encántanos ir vendo as que xa coñecemos e buscar outras novas.

Anxo trouxo unha noticia do periódico moi, moi interesante xa que fala dun satélite espacial chamado Galileo (como a nosa nave) que estaba "desorientado" por un erro  no seu despegue e estaba nunha órbita incorrecta. Agora, despois de moitos traballo, ese problema está solucionado e Galileo xa pode facer as súas tarefas científica.

 Inés trouxo un planetario interactivo que lle prestou unha ex-pementeira que se chama Ángela. ¡Grazas Ángela! É super-chulo e todos os nenos e nenas da aula "alunizaron", digo "alucinaron" con este aparello que nos ensina un montón de cousas sobre os planetas.

Noa trouxo unha nave espacial que lle tocou nun ovo de chocolate. E que cando os planetas e as estrelas se confabulan entre eles, parece que todo o que nos vai pasando nestes días ten que ver co universo. ¡É increíble, abres un ovo e sae unha nave espacial!

Yago xa nos mostrara a súa nave espacial,  epro como eu lle sacara mal a foto, hoxe era o momento de sacar outra nova que nos mostre esa nave tan fantástica e o contento que está Yago de mostrala a todo o mundo.



Mencía trouxo unha estrela "manufacturada", perfectamente feitiña con boliñas de cores de papel de seda. Agora xa temos unha estrela no noso recuncho.

E Samuel, decidiu, hoxe pola tarde, construír unha aerodinámica nave espacial no recuncho das construcións e como lle quedou moi ben, pois tamén a poñemos aquí para que a vexades todos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario