UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 2 de junio de 2014

MERENDAS SAUDABLES: HOXE FRESAS

Hoxe empezamos a semana con saúde. A saúde que nos dá a froita, en concreto as fermosas, sabrosas e vermellas fresas que nos trouxeron ao cole dentro do programa "Merendas Saudables" que estamos a desenvolver.
As fresas teñen moitas vitaminas, magnesio e potasio que axudan a potenciar a saúde dos ósos, e son un bo antioxidante natural. Por suposto, non é preciso dicir que son deliciosas.
No cole tamén procuramos inculcar bos hábitos alimenticios. Por iso  esta actividade pretende animar aos máis pequenos a comer froita e disfrutar deses sabores naturais, das diferentes texturas e dos aromas por suposto.
















2 comentarios:

  1. Eran unhas fresas deliciosas!! eu non me puiden resistir e tamén merendei de xeito saudable!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu tamén as probei e estaban ben boas! Pena que non nos deran outra caixa para levar para casa, jajajaja! Pero non nos podemos queixar, que tivemos a sorte de merendar ben cos peques e seguro que teremos máis froitas así de ricas!

      Eliminar