UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 11 de junio de 2014

MÁIS FROITA E MÁIS ACTIVIDADES

Seguimos traballando e disfrutando no cole e, tamén, seguimos alimentándonos de maneira saudable.
A piques xa de rematar o curso, os pementeir@s están facendo as portadas dos seus caderniños de fichas empregando un tipo de pintura novo, que de feito estreamos hoxe, as témperas sólidas. A verdade é que lles gustaron moito xa que teñen unhas cores moi vivas e son moi densas co cal cubren moi ben o papel dándolle aos debuxos un acabado moi atractivo. Mirade qué peixes máis alegres están facendo...









E despois do traballo a merenda saudable:
















Despois de tomar os paraguaios, a maioría dos pementeiros quixeron tomar a súa merenda e algúns, ¡que sorpresa! tamén tiñan froita.



No cole tamén temos tempo de xogar coa plasti, os pinchos, os colares os puzles... Hai tempo para todo cando o día vai ben.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario