UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 3 de junio de 2014

MERENDAS SAUDABLES: HOXE ALBARICOQUE

Seguimos co noso plan de facer da merenda no cole un momento de novas experiencias cargadas de saúde. Hoxe a froita que nos trouxeron á aula foi o albaricoque. Foi interesante ver como algúns descubriron que tiña un óso dentro (algún ata preguntou se tiña que comelo), outros dixeron que os tiñan na casa, outros puntualizaron que se parecía a un melocotón... 
Certamente non todos os nenos e nenas disfrutaron plenamente do sabor do albaricoque (o mesmo ocorreu onte coas fresas). Penso que algúns pementeir@s comen pouca froita diariamente. Eu procurei insistirlles en que o probaran para descubrir o saboroso que é. 
Por outra banda, houbo nenos e nenas que o comeron moi ben. Eu tamén o probei e estaba delicioso, cun aroma moi agradable e doce.












No hay comentarios:

Publicar un comentario