UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 12 de junio de 2014

DOBLE RACIÓN DE FROITA

Hoxe o noso compañeiro Anxo trouxo unhas fresas do máis saborosas para compartir con todos os compañeir@s pementeir@s. Parece que nos estamos metendo de cheo no tema das merendas saudables. A min paréceme xenial que os nenos e nenas se vaian acostumando a comer de todo, e de xeito especial, que se habitúen a tomar froita. Así que hoxe levei unha alegría cando vin que Anxo quería compartir connosco unhas fresas da súa horta. Nin que decir ten que eu tamén as probei e estaban deliciosas. Grazas Anxo!


El mesmo repartiu as fresas a todos os compañeiros e compañeiras.









E xusto cando estábamos acabando as fresas, chegou a froita do día. Hoxe tocou sandía. Como veu máis tarde que outros días, algúns pementeir@s xa comeran parte da súa merenda e non quixeron a sandía . Non insistín porque entendín que non tiñan fame (e xa, nalgúns casos, costa que coman algo de froita para canto máis se xa están coa barriga chea). Outros, sen embargo decidiron disfrutar da frescura da sandía. Eu tamén tomei un cachiño porque é unha das miñas froitas favoritas e tiña tan boa pinta que non me puiden resistir.













2 comentarios:

  1. Xenial esto de probar cada día unha froita diferente... Moi ben pementeir@s...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que sí, hai que animarse a probar novos sabores e a disfrutar da comida sana. Ás veces costa un pouquiño pero, despois, vanse dando conta de que a froita sabe ben! O ano que ven imos poñer un día da froita a ver quen se apunta a traela de merenda e así imos entre todos fomentando estes bos hábitos. Grazas Pili por visitarnos e deixar o teu comentario.

      Eliminar