UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 8 de abril de 2014

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Hoxe pola tarde tivemos unha actividade moi interesante no cole. Os nenos e nenas de infantil aprenderon que podemos facer "bocatas" con moitos alimentos ricos e sans e que non hai que merendar sempre bolos ou galletas. Todos tiveron a oportunidade de elixir de que querían o seu bocata. Algúns quixeron atún, sardiñas, leituga, queixo, millo e moitas outras cousas. Mirade...

















































 Ao final o mellor de todo foi que lles regalaron unha gorra vermella e estaban encantados. Eso si, tiñan moitas ganas de comer o bocata pero non nos daba tempo. Así que espero que os pementeiros e pementeiras merendaran ese bocata tan fantástico na casa ou no parque e que o disfrutaran moito. ¡Xa me gustaría a min que me deran un!


2 comentarios:

  1. Foi moi divertido escoitar como escollían os ingredientes para os seus bocatas saudables!! e ver as caras de ledicia cando lle regalaron a gorra.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, algúns botáronlle de todos os ingredientes! Menos a cebola, que non colleu ninguén, creo!

      Eliminar