UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 9 de abril de 2014

¡OUTRO PICNIC PRIMAVERAL!

Hoxe levamos unha sorpresa na Pementeira porque  Alma xa está ben e volveu ao cole. Ela estaba moi contenta e nós, por suposto, tamén. Ademáis tiña tantas ganas de vir que fixo o traballo requetebén e acabou de primeira. Despois disfrutamos dunhas deliciosas galletas, que trouxo Alma, sentadiños á sombra no patio do cole. Todos os pementeir@s tiñan ganas de repetir iso de facer un picnic fóra e aproveitando o agasallo de Alma e o bo día que tiñamos, pois non había dúbida que a ocasión era perfecta para merendar ao aire libre.



















E agora que estou con isto, estou pensando que non lles mandei gardar a súa merenda na mochila despois do picnic (xa que co bo tempo que facía ningún quiso merendar máis e tiñan ganas de ir xogar). Así que,se non me equivoco, están todos os tupper ou bolsiñas nas súas caixas correspondentes na aula. ¡Mil disculpas!  Os nenos e nenas que trouxeran galletas ou algo semellante que non se estropee aínda o poden tomar mañán. Os que trouxeran algún alimento doutro tipo terei que ver mañán... ¡Síntoo!

Pasando a outra cousa, hoxe rematamos as nosas portadas para os traballiños deste trimestre. Estamos desde o luns preparando estas obras de arte inspiradas no cadro "FLORES" de Andy Warhol.
Estivemos vendo algunhas pinturas realcionadas coa primavera e esta foi a que máis lles gustou. Por iso decidimos facer a nosa versión pementeira. Primeiro os nenos/as pintaron con pincel as herbas deste campo florido. Cando xa estaba a pintura seca, estamparon as flores de vivas cores cunhas esponxas. A verdade é que quedaron unhas portadas ben bonitas.





























Como vedes están todos ben orgullosos do seu traballo. Espero que tamén vos guste a vos.

E agora unha última foto de propina. Mentres algúns estaban rematando as portadas, outros estaban construíndo unha torre. Estaban tan emocionados que non facían máis que rir , clro, non me quedou máis remedio que sacar unha foto (porque agora hai que deixar constancia gráfica de todo o que facemos, e como lles diga que non podo sacar unha foto porque estou atendendo a outros compañeiros a rematar unha tarefa ou algo, non lles gusta nadiña)






No hay comentarios:

Publicar un comentario