UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 2 de abril de 2014

COUSIÑAS DE TODOS OS DÍAS 2

Como xa vos fun contando noutras ocasións, pouco a pouco disfrutamos máis no cole. A medida que van desaparecendo medos e inseguridades, que todos os pementeiros/as se animan a participar nas actividades, e que  van comprendendo (nalgúns casos con certo esforzo) que no cole hai normas e que hai que cumplilas, o ambiente mellora e temos máis posibilidades de facer cousas diferentes, divertidas, motivadoras, interesantes e significativas para eles/as.
Eu penso que neste segundo trimestre houbo unha melloría salientable que veño notando de xeito especial desde o entroido aproximadamente. Estou encantada de velo a diario e de poder contárvolo. E espero que nos vídeos e fotografías que vou poñendo no blog tamén se perciba ese cambio. Non quero dicir que non teñamos que seguir esforzándonos en mellorar e dar novos pasos e afrontar novos retos pero se chegamos ata aquí, podemos chegar máis lonxe tamén.
Hoxe comparto convosco un vídeo con tres momentos que son habituais nun día normal de cole: a realización dunha actividade impresa (neste caso de lecto-escritura e grafomotricidade) e dous momentos máis lúdicos nos que todos cantamos e bailamos dúas cancións que nos encantan, "A marcha das letras" e o "Hoky-Poky".
Espero que vos guste.

2 comentarios:

  1. ENCANTAME VER QUE OS NOSOS PEQUENOS PEMENTEIROS COMEZAN A VIR AO COLE CON GANAS DE APRENDER E DISFRUTAR CON TODOS NÓS E SOBRE TODO CA SÚA PROFE E COMPAÑEIR@S. SEGUIDE ASÍ.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Claro que sí! Cada día é máis divertido e está claro vendo o ritmo e a alegría coa que bailan estes nenos e nenas!

      Eliminar