UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 24 de abril de 2014

LEONARDO DA VINCI

Mariña chegou de volta ao cole moi feliz e cunha sorpresa estupenda: trouxo unha revista moi interesante que traía na súa portada a "Mona Lisa" ou, tamén coñecida como, a "Gioconda". Probablemente sexa a obra máis coñecida de Leonardo, o xenio do Renacemento que ademáis de fantástico pintor, tamén foi inventor, arquitecto, escritor, anatomista e moitas cousas máis.


Na revista estivemos vendo imaxes do "duomo" de Florencia, unha fermosa cidade na que viviu Leonardo (entre outros moitos artistas) e, aproveitando estas cousas que nos trouxo Mariña, eu tamén quixen facer a miña aportación e hoxe levei para "A Pementeira" dous libros relacionados co tema: un deles que nos conta algunhas cousiñas de Leonardo da Vinci e que nos permite ver a Mona Lisa en 3D cunhas gafas especiais, e outro que nos conta a historia da construción da cúpula de Santa Maria del Fiore da man de Filippo Brunelleschi.
Hoxe estivemos lendo o primeiro deles e descubrimos que a Leonardo lle encantaba desde pequeno inventar cousas (como máquinas voadoras) e que sempre estaba investigando, observando, medindo  e facendo cousas diversas e sorprendentes.
Ademáis da Gioconda, outra das obras máis recoñecidas de Leonardo é o "Home Vitruviano" co cal quería mostrarnos cales son as medidas do home perfecto. Neste debuxo podemos ver a figura dun home inscrita nun cadrado e  comprobamos que a medida dos brazos abertos coincide coa altura desde a cabeza ata os pes




Como a nos tamén nos gusta experimentar e investigar, decidimos comprobar se as nosas medidas coincidían coas do "Home Vitruviano". A continuación podedes ver a "Lucía vitruviana" e con xiz o cadrado onde se pode inscribir a súa silueta.
Tamén podemos ver a "Anxo vitruviano" que necesitou que fixeramos o cadrado un pouquiño máis grande porque os seus brazos son un pouquiño máis longos que os de Lucía.

Con dúas cintas (temos que comprar unha cinta métrica urxentemente porque hai que tomar medidas máis precisas), unha de cor vermella e outra de cor azul, medidas as loxitudes dos brazos extendidos e do corpo desde a cabeza ata os pes. comprobamos que son casi, casi iguais. Claro, nós non somos perfectos como o home de Leonardo pero vemos que a diferencia entre as dúas lonxitudes é pequena. 

Nora tamén quixo sentirse "Muller vitruviana" e aí a tedes no chan cos brazos abertos. Coas mesmas cintas comprobamos as súas medidas.




Animádevos na casa a repetir esta experiencia do "Home Vitruviano" a ver se cumplides ese esquema perfecto leonardiano.
Despois estivemos vendo a "Mona Lisa" en 3D coas gafas especiais. Non nos dou tempo a todos pero mañán seguiremos disfrutando desta fermosa obra de arte.















4 comentarios:

  1. vaia día máis divertido! cantas actividades interesantes que se fixeron na pementeira!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, hoxe foi un día interesante! A volta das vacacións parece que nos trae novas experiencias na "Pementeira". A ver se o trimestre continúa así!

      Eliminar
  2. Respuestas
    1. ¡Eso siempre! Yo creo que estaban encantados/as de ponerse las gafas aunque a algunos resultaba bastante difícil que se le sujetasen!

      Eliminar