Hoxe luns, os nenos e nenas do cole chegaron espectaculares cumplindo a primeira manda do Meco. Tocaba traer as caras pintadas e, como veredes nas fotos, os pementeiros/as estaban cun aspecto realmente curioso. ¡Mirade, mirade!
E hoxe a encargada foi Lucía, que se transformou durante uns minutos en Saturno 6, o noso robot pementeiro, para pasar lista.
Na Pementeira temos un novo compañeiro un tanto especial. Despois da chegada de Philae ao noso territorio pementeiro, agora contamos coa compañía dun novo robot, máis grande, que nos axuda a facer algunhas das rutinas de aula como pasar lista.
O venres, despois de coñecelo, había que poñerlle un nome. Así que entre todos tivemos que pensar algunhas opcións e logo decidir cal nos gustaba máis. En principio a primeira idea foi chamalo PHILAE pero expliquei que non podemos chamarlle igual a todos os robots porque se o facemos non sabemos de quen falamos cada vez, cal necesitamos ou cal imos empregar para realizar unha misión. Púxenlles de exemplo que cando eles teñen un irmán, ou unha irmá, os seus papis non lle poñen o mesmo nome que xa lles puxeron a eles porque senón, cando chaman a un aparecerían os dous. Os nomes sirven para identificarnos, por iso temos nomes diferentes e, mesmo, necesitamos apelidos para que esa identificación sexa máis precisa aínda.
Comprendida esta cuestión, as ideas que deron os pementeiros/as foron: ROSETTA, JÚPITER, SATURNO, MARTE, ESTRELLA, COMETA, COPÉRNICO, NEIL ARMSTRONG... A continuación realizamos a votación para ver que nome tiña máis votos e gañou...
SATURNO, con 6 votos en total (o segundo máis votado foi NEIL con 5 votos). Así pois, o nome do noso robot é SATURNO 6 (porque tivo 6 votos e porque, xustamente, o venres era día 6 de febreiro).
A afortunada que pasou lista con Saturno 6 foi Sara. Mirade que contenta estaba.
Aínda seguimos a recibir algunhas cousiñas para o noso recuncho espacial. Aproveito esta entrada para poñer algunhas das últimas aportacións.
Algúns pode que se pregunten por qué poñemos unha foto dos avós de Candela diante da Torre de Pisa no noso recuncho espacial. Para os despistadillos/as recordamos que en Pisa naceu o noso personaxe clave, Galileo Galilei, da man do que comenzamos a nosa viaxe espacial.
E agora para rematar, podedes ver cómo traballamos ao son dunha canción moi espacial: "Llamando a la Tierra" de MClan.
Por fin, hoxe xoves, o noso robot Philae realizou a súa segunda misión exploratoria organizada pola AEP (Axencia Espacial Pementeira) dentro do PEIR (Programa Espacial de Infantil do Rosalía). Nesta ocasión tratábase de explorar o territorio do Paseo do Espolón onde sabíamos que vivían uns pequenos individuos moi alegres e traballadores.
1. O primeiro paso foi comprobar que Philae funcionaba correctamente e que a colocación da mensaxe era segura.
2.-Todos os expertos en tecnoloxía espacial da AEP preparáronse para realizar a delicada misión de exploración do Paseo do Espolón. Tíñamos que ir en completo silencio (algo que na AEP costa bastante traballo, pódovos afirmar con coñecemento de causa) para abordar este territorio inexplorado e coller aos "espolonenses" desprevenidos e así comprobar como se comportan no seu hábitat natural.
3.- A chegada ao Paseo do Espolón foi todo un éxito. Philae entrou no territorio descoñecido sen problemas e, nesta ocasión, a mensaxe non se perdeu. Collemos aos "espolonenses" por sorpresa pero non se asustaron, antes ben, recibiron a Philae con alegría. Dá gusto chegar a un lugar cargado de tan boas vibracións.
Nesta misión tamén tivemos un pequeno inconvinte xa que Philae parece que quedaba sen batería (parece que isto é bastante habitual neste artiluxios) e despois de percorrer uns poucos metros quedaba parado e había que volver a activalo. Aínda así pensamos que a exploración foi todo un éxito.
4.- A comandante María foi a encargada de ler a mensaxe que transportaba Philae que comunicaba que os pementeiros víñamos en son de paz e que a misión do noso robot espacial era unicamente explorar un novo territorio. Finalmente todos os espolonenses quixeron inmortalizar este momento histórico sacando unha foto de grupo con Philae.
E agora, a ver que novos territorios temos que explorar...
O venres 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Este ano o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propuxo que cada grupo de alumnos escribira unha carta de paz a outro centro escolar que levara o mesmo nome que o noso. Pero como non se atoparon tantos centros chamados Rosalía de Castro como aulas hai no noso cole, a proposta abriuse máis e xurdeu a posibilidade de mandar as mensaxes de paz a outros países.
Na Pementeira estivemos achegando ao mundo da arte e ao espacio con algunhas fermosas pinturas, entre elas dúas realizadas por dous pintores holandeses, Van Gogh e Vermeer. Por iso eliximos Holanda para enviar a nosa carta que xa está de camiño.
O venres pola tarde, celebramos un sinxelo acto no ximnasio para conmemorar o Día da Paz e un representante de cada aula tivo a aportunidade de ler a carta que fixeron entre todos.
O encargado de ler a nosa foi Leo. Non podedes nin imaxinar o ben que o fixo, collendo con seguridade o micrófono, e lendo coa mesma soltura que si tivese dez anos polo menos. Como non teño vídeo do momento, fixen unha montaxe en movie-maker coas fotos do día e cun vídeo do ensaio da lectura que fixemos na aula porque, a verdade, eu tiña medo de que algunhas palabras non estiveran moi claras (a carta foi escrita entre todos e ten diferentes grafías, algunhas mesmo un pouco confusas). Pero non houbo ningún problema. Todo saíu moi ben e disfrutamos moito da tarde, escoitando as cartas, e cantando e bailando. Espero que a presentación vos guste e vos permita ver o especial que foi ese día.
O xoves 29 de xaneiro tivemos unha mañán musical especialmente divertida. Todos os nenos e nenas de infantil do Rosalía viaxamos en autobús para ir ao Auditorio de Padrón a escoitar as divertidas cancións de PITUSA SEMIFUSA.
Como as imaxes valen máis que as palabras, xa non vos explico o ben que o pasaron tod@s os pementeir@s.
Podédelo comprobar vendo esta presentación en movie-maker...
E se vos apetece cantar na casa a canción de Pitusa Semifusa, tamén podedes facelo co seu videoclip...