UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 27 de junio de 2019

FIN DE CURSO

  E chegou o fin de curso! Así que só me queda mostrarvos as últimas actividades que fixemos e o ben que o pasamos o día do fextival.
    Aquí vai un vídeo no que podedes comprobar a cantidade de obras de arte da pintura, escultura e arquitectura que os pementeiros/as coñecen. E hai que aclarar que coñecen máis aínda o que pasa é que aquí están visualizando os bits de intelixencia que traballamos habitualmente e non inclúen un montón de cousas dos proxectos que traballamos nestes tres cursos e que coñecen perfectamente, claro.
   En moitas ocasións traballamos na aula de psico cando facemos actividades que precisan máis espazo para movernos e expresarnos ao ritmo da música, para facer xogos de expresión corporal, ou coreografías grupais... Aquí vos deixo un pequeno vídeo cantando e xogando con "The Pinocchio song"

E agora chegamos ao día do festival. Os nenos e nenas chegaron perfectamente ataviados par triunfar con "The shoop shoop song". Fixemos a entrega oficial dos traballos do trimestre e as notas, todo dentro das bolsas decoradas para a ocasión.













 ¡E saímos para demostrar que somos auténticos artistas! ¡Vai caer o pabellón!











































E AQUÍ ESTÁ A MONTAXE FINAL DO ÚLTIMO ENSAIO E A ACTUACIÓN DESDE DOUS PUNTOS DE VISTA DIFERENTES.

Finalmente, merendola e unha master-class de zumba...






















 E así finalizamos o curso 2018-19 e o ciclo de infantil para os pementeiros/as. Espero que todos disfrutedes moito das vacacións de verán e que o novo curso escolar empece con bo pé. Estou segura de que estes/as pementeiros/as van ter moito éxito na nova etapa educativa e van demostrar que son uns campeóns.
  Bo Verán!



3 comentarios:

  1. Qué peniña que me marchen para Primaria! Xa sei que eles van felices e iso é xenial, pero vounos botar de menos. Un gran grupo, con papás e mamás estupendos, tres cursos cheíños de experiencias!!!! Un pracer ter pasado este tempo con todos vos!!!!! GRAZAS!

    ResponderEliminar
  2. Case case como profesionais!!Que maravilla velos así...Moitas gracias por compartir todos estos momentos...Nos si que te vamos a botar de menos...e os nenos moito máis...O pracer foi noso. A disfrutar das vacacións e recargar enerxías....Mil gracias!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que o pasamos moi ben no festival, a pesar da primeira actuación fallida, jajaja. Pero temos que recoñecer que volveron ao escenario coas mesmas ganas que si fora a primeira actuación e saiu xenial!
      Eu estarei atenta aos seus progresos en primaria, agora van ser os meus veciños e ímonos ver a diario!!!! jajajaja, non se van librar de min!

      Eliminar