UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 3 de febrero de 2015

CARTAS POLA PAZ

O venres 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Este ano o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propuxo que cada grupo de alumnos escribira unha carta de paz a outro centro escolar que levara o mesmo nome que o noso. Pero como non se atoparon tantos centros chamados Rosalía de Castro como aulas hai no noso cole, a proposta abriuse máis e xurdeu a posibilidade de mandar as mensaxes de paz a outros países.
Na Pementeira estivemos achegando ao mundo da arte e ao espacio con algunhas fermosas pinturas, entre elas dúas realizadas por dous pintores holandeses, Van Gogh e Vermeer. Por iso eliximos Holanda para enviar a nosa carta que xa está de camiño.
O venres pola tarde, celebramos un sinxelo acto no ximnasio para conmemorar o Día da Paz e un representante de cada aula tivo a aportunidade de ler a carta que fixeron entre todos.
O encargado de ler a nosa foi Leo. Non podedes nin imaxinar o ben que o fixo, collendo con seguridade o micrófono, e lendo coa mesma soltura que si tivese dez anos polo menos. Como non teño vídeo do momento, fixen unha montaxe en movie-maker coas fotos do día e cun vídeo do ensaio da lectura que fixemos na aula porque, a verdade, eu tiña medo de que algunhas palabras non estiveran moi claras (a carta foi escrita entre todos e ten diferentes grafías, algunhas mesmo un pouco confusas). Pero non houbo ningún problema. Todo saíu moi ben e disfrutamos moito da tarde, escoitando as cartas, e cantando e bailando. Espero que a presentación vos guste e vos permita ver o especial que foi ese día.


4 comentarios:

  1. Que beeennn!!!!!! Algo dixo na casa dun microfono pero nada mais jajajajaja,non conta nadiña de nada jajaja,da gusto ver como disfruta do cole

    ResponderEliminar
  2. Que beeennn!!!!!! Algo dixo na casa dun microfono pero nada mais jajajajaja,non conta nadiña de nada jajaja,da gusto ver como disfruta do cole

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mónica, prométoche que deixou impresionado a todo o cole!!!!!. Pena non poder gravalo nese momento porque lle estaba aguantando a carta, porque saíu ao "escenario" seguro e empezou a ler con tal tranquilidade e cun ritmo e unha entoación que mesmo a min (que sei como lee) me deixou impresionada. E cando acabou todos os nenos e nenas, todos, empezaron a corear o seu nome: Leo, Leeeooo, Leeeeoooo... Foi xenial. E os pementeiros felicitárono e estaban todos orgullosos de que o seu compi o fixera tan ben. Gustoume ver ese compañeirismo, o feito de estar contento polo éxito dun amigo, seguro que pronto disfrutaremos escoitando a máis nenos e nenas lendo así de ben. Grazas por visitarnos e deixar o teu comentario.

      Eliminar
  3. A lectura da carta da Pementeira por parte de Leo foi un dos mellores momentos da tarde. Eu disfrutei tanto escoitando e vendo o ben que o facía, que esquecín sacarlle unha foto. Vivín o momento "a tope", igual que o resto de alumnado do centro. Ao rematar recibiu unha gran ovación que, sin dúbida, tiña ben merecida. Felicidades Leo!!!

    ResponderEliminar