UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 20 de diciembre de 2017

VISITAMOS O MUSEO DE 2º B

    Os nenos e nenas da Pementeira seguen entusiasmados coa mochila pirata. Os últimos que tiveron a sorte de levala foron Marcos e Gabriel que estaban felices coa mochila e, tamén, co distintivo pirata (que eu penso que aínda lles fai máis ilusión).

    Aínda recibimos cousas interesantes para o noso recuncho. As últimas cousas que chegaron foron dous libros que trouxeron Aleixo e Anrís e que nos gustaron moito .
 
    Estivemos vendo con atención o libro do tiburón porque é moi descriptivo e todo o grupo estaba coa boca aberta observando as branquias, o fígado, o corazón, os dentes (aproveitamos para volver a observar o dente de tiburón que temos no recuncho porque o trouxo Dani e descubrimos que tiña moito parecido cos dentes do tiburón salmón); descubrimos que o tiburón non ten osos senón cartílagos, que ule a distancia o sangue, que lle encanta comer focas, cangrexos, peixes e luras, que  algúns tiburóns crían aos seus bebés na barriga e outros, sin embargo, deixan os embrións nuns sacos no mar e alí van medrando... En fin, que aprendemos un montón de cousas.

     Despois do recreo, tivemos tempo de ler os nosos libros do recuncho do mar que lles encantan a todos/as. A verdade é que son moi interesantes así que nunca está de máis adicar un tempo a mirar ben as ilustracións, a buscar detalles que non percibíramos na primeira ollada, a identificar infrmación xa coñecida...








    E tamén fixemos outra cousa moi interesante: ¡visitamos o museo de 2ºB". Fai uns días un grupo de nenos e nenas de 2º B viñeron á Pementeira para invitarnos a ver o seu museo interactivo sobre o corpo humano. Así que hoxe decidimos visitalo. Tiña moitas cousas interesantes e moi educativas que nos estiveron explicando dúas nenas, antigas pementeiras, moi preparadas e amables que fixeron o traballo de auténticas guías: Mariña e Nora.



 Mariña e Nora explicáronos como funcionan os pulmóns cun artiluxio que fixeron no que tirando dunha luva, uns globos que había dentro dunha botella enchíanse igual que fan os nosos pulmóns cando inspiramos.

Despois explicáronos como funcionan os osos, os músculos, e as articulacións...






Tamén nos explicaron a importancia dos cinco sentidos: o tacto, a vista, o olfacto, o oído e o gusto.










     Penso eu que unha das cousas que máis lles gustou foi o "teléfono" tan artesanal que funcionaba perfectamente. Así que xa sabedes, deixádevos de tanto móvil e fabricade un teléfono con vasiños de cartón...




















   Tamén nos gustou moito ver no cahan uns cordóns que indicaban a medida do inestino groso e o intestino delgado (porque na Pementeira ultimamente estamos moi interesados nisto de pesar e medir cousas). É impresionante ver alí no chan os 7 metros de lonxitude do intestino delgado (e todo isto está dentro do noso corpo!).






    Como vedes, foi todo moi interesante e aprendemos un montón de cousas. ¡Grazas aos compañeiros/as de 2ºB que quixeron mostrarnos o seu traballo e grazas especialmente a Nora e Mariña por ser "profes" dos peques por un día!


Resultado de imagen de gifs animados el cuerpo humano


4 comentarios:

  1. Moito traballaron @s de 2B!!que ilusion poder velas no blog😊

    ResponderEliminar
  2. Que interesante ese museo de 2B...que maneira tan motivadora de aprender! 👏👏👏
    Seguro que lles encantou aos pementeiros !!

    ResponderEliminar
  3. Que museo máis completo o dos nen@s de 2B, A Enzo encantoulle estivo doblando as orellas media tarde e explicandonos que podia facelo porque tiñan cartílago😅, NORABOA!!!

    ResponderEliminar
  4. Que forma máis boa de aprender a base da propia experimentación d@s nen@s!! Que ben así estaban de entusiasmadas as dúas mestras por un día;)

    ResponderEliminar