Mirade que bonita frase para empezar esta nova entrada do blog. Imaxinaredes por qué a escollín para empezar este 2º capítulo da crónica do xoves 21 de decembro de 2017. Pois sí, precisamente porque os nenos/as cren na maxiae por iso a atopan día a día nun monton de cousas que nós non apreciamos. Asi que quero apuntar que o xoves houbo moitos momentos cheos de maxia no cole e os pementeiros/as viviron cada un deses intres cos ollos ben abertos e brillantes, coa ilusión desbordando pola sua pel, coa intensidade que teñen todas as emocións nestas idades...
O primeiro momento de maxia foi a chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que parecían xurdir do mesmo ceo no medio dos raios de sol... Saimos todos a fóra para esperalos e a medida que se achegaba o momento de recibilos, os ánimos ían subindo e a algúns ata daban saltos co nerviosismo e a ilusión de velos.
Despois de recibilos no ptio xa pasamos ao ximnasio, onde os Reis Magos ocuparon os seus tronos e falaron con todos os nenos e nenas do cole e lles regalaron chuches. Non vos quero nin contar como estaban algúns pementeiros/as que penso que non lles circulaba ben o sangue polas venas.
Penso que non hai dúbida de que este foi un momento maxico, verdade?
O segundo momento máxico foi a actuación do Mago Xacobe. Claro, esto sí que foi maxia en estado puro. Os pementeiros/as disfrutaron a tope. Quedaron abraiados vendo voar unha mesa polos aires ou contemplando como un neno de 5 anos, despois de beber moita auga, "facía pis" por un cóbado. Este mago fixo cousas sorprendentes, ata lle transmitiu electricidade a profe Teté so tocándolle unha man!!!
E o terceiro momento con maxía desta xornada tan festiva foi a nosa habitual merendola con todos os compañeiros e compañeiras de infantil, un momento que nos gusta compartir nas diferentes celebracións que hai ao longo do curso. Tamén, un ano máis, tivemos ocasión de tomar as uvas da sorte no ximnasio do cole.
E o último momento con maxia foi cando xa saíamos do cole para marchar e escoitamos unha auténtica festa fóra, na porta. E que as mamás e os papás da Pementeira, que sempre teñen moita inventiva e ganas de sorprender, estaban esperando aos peques con serpentinas, gorriños de papel, matasuegras e ata champín para brindar xuntos por un Nadal cheo de alegría e un Ano Novo cargadiño de fantásticas experiencias no cole e fóra del. ¡GRAZAS familias por ese espíritu que contaxia alegría e maxia a nenos/as e profes! ¡Iso sí que é ter espíritu de Nadal!
E, para rematar, só quero desexarvos un fantástico Nadal cheo, cheo de maxia. ¡Disfrutade e vémonos en xaneiro!
Que día maravilloso pasaron os pementeir@s, menudo momento máxico acabamos de pasar vendo as suas caras de felicidade😊,grazas por compartilos con nós!!!,mamás e papás da pementeira sodes e estabades xeniais👏👏👏👏.Que os reises sexan moi xenerosos Teté que o tes ben merecido, Bo Nadal familias!!!🎊🎉🎊🎉🎊
ResponderEliminar¡Estes pementeir@s pasarono xenial!,que sorte tiveron que veu un mago!! Felices vacacións de nadal familias!! Bó nadal!
ResponderEliminarBen certo que onte foi un dia cheo de maxia. Un dia máxico para todos. Tamen para nós, os papis e mamis. Felices festas a todos. Desexovos que todos os dias estean cheos de maxia.
ResponderEliminarJajaja... Nestas datas hai que portarse ben que senón poden traerme un cargamento de carbón!! FELICES FESTAS A TOD@S!
ResponderEliminarA verdade é que as e os peques estaban emocionados co último día de cole, foi estupendo para eles, e pasarono pipa, para nós tamén foi moi divertido preparar os traxes de gala para Noa e o meu claro Jijijijii, facendo destos momentos, que duren a longo prazo na memoria dos nosos fillos, e disfrutando así de momentos compartidos xuntos e en cohesión co cole. Grazas Teté por este fantástico trimestre cargado de emocións, boas festas ás familias pementeiras e a ti Teté como capitana deste barco vikingo;).
ResponderEliminarProfes de infantil disfrutade moito, e para o entroido se precisades de colaboración familiar, non dubidedes das pementeiras,😉😘