UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 20 de diciembre de 2017

¡PREPARADOS PARA O NADAL!

¡Velaí está o Nadal! E na Pementeira as ganas de festa son máis que perceptibles así que a entrada de hoxe vai adicada a estas alegres festas tan familiares e que tanto gustan aos nenos/as.
Aproveito tamén para mostrarvos a alegría de Anrís levando a mochila pirata (que despois descansará uns días na aula ata que retomemos a actividade en xaneiro e continúe a súa viaxe polos domicilios.

E ben, aquí vos deixo unha felicitación de Nadal que fixemos hoxe no cole cuns accesorios moi divertidos elaborados pola profe Ana de 5 anos que nos fixeron moita graza e disfrutamos moito. Espero que vos guste. Vai a ritmo de rock porque na Pementeira gústanos moito o rock-and-roll e os ritmos desenfrenados: ¡JINGLE BELLS ROCK!

Por se queredes coller as fotos para algunha cousa concreta ou poñerlle outro marco ou algo, tamén volas deixo aquí para que as copiedes.





















E mañán, xa sabedes, todo o mundo ben elegante para a gran festa de Nadal do Rosalía!!!

Resultado de imagen de gifs animados navidad





1 comentario:

  1. Que simpaticos estan!!!, Enzo está desexando que chegue a festa,para ir moi moi elegante e comer as uvas que nunca tan boas estiveron😅😅😅

    ResponderEliminar