UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 23 de noviembre de 2017

PALABRAS NOVAS 3

      Na Pementeira lemos moitos contos, libros de relatos literarios e  libros informativos sobre o mar e os seus segredos e curiosidades. Estamos aprendendo moito e, tamén moi importante, disfrutando a tope con todo o que estamos descubrindo. Hoxe gravamos o significado de dúas expresións que teñen moito que ver con todos estes temas mariños:
MASCARÓN DE PROA e BANCO DE PEIXES
Os encargados de explicalas ante a cámara foron Marcos e Aleixo que saíron voluntarios e se esforzaron en explicar o significado destas expresións coa maior claridade e precisión posibles. ¡Parabéns aos dous!
    Para facer estas definicións, por suposto, falamos moito sobre o tema concreto e vemos moitas imaxes no ordenador para que o nos cerebro vaia procesando a informacióne gardando datos de xeito significativo. Aquí vos deixo algunhas imaxes de mascaróns de proa e de bancos de peixes. Ademáis co término "BANCO" hoxe descubrimos o que é unha palabra polisémica (porque sabemos, polo menos, tres siginificados de BANCO). Preguntádelle aos pementeiros/as si os recordan!
Resultado de imagen de mascarón de proaResultado de imagen de mascarón de proa

Resultado de imagen de mascarón de proaResultado de imagen de mascarón de proa

Resultado de imagen de bancos de peces de colores
Resultado de imagen de bancos de peces de colores

6 comentarios:

  1. Super genial o de salir voluntarios para dicir duas palabras novas. (Marcos dictando... Ja ja. Pero estou totalmente de acordo. Da gusto ver que se animan a participar)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pasoulle como a Alex V.R., non facía máis que levantar a man para saír el a dar a definición. Así que optei por deixalo. Teño ganas de que saian outros nenos e nenas tamén, para que comproben que o poden facer e que despois de intentalo e conseguilo se sinten moi ben, pero imos pouco a pouco. Cada día se vai animando alguén novo e, mentres tanto, se outros/as repiten, tampouco pasa nada. Cada un vai ao seu ritmo e hai cousas que lles gustan máis a uns que a outros. É normal. Agora ben, Marcos todo o que sexa falar, contar, empregar vocabulario novo... é que lle encanta. A min paréeme que todos o están facendo moi ben, a verdade porque enfrentarse a unha cámara tampouco é tan sinxelo, así que a todos os que se animaron, ¡parabéns, e aos que faltan, ¡veña. animádevos, todos/as podedes facelo!

      Eliminar
  2. A ver si se van animando máis pementeiros, que ben o fixeron posto que é un gran esforzo!!! Cada día contan unha aventura nova na casa e con ela unha palabra nova que os pais descoñecemos Jijijijii, un pracer ser partícipes deste proxecto

    ResponderEliminar
  3. Dende logo que o próxecto un éxito!!! A Enzo notase que lle encanta, contanos un montón de cousas,e nos encantados, na casa todos sabemos a canción do mar😅 animamolo para que salga voluntario, pero mamí y si me equivoco??,non pasa nada Enzo todos nos equivocamos e aprendemos moito tamén cando nos equivocamos....a ver si o conseguimos😓

    ResponderEliminar
  4. O proxecto un super éxito. O de salir e equivocarse e medo de todos .Adan quere salir pero(mami cando sea unha palabra cortiña pa non equivocarme)hay q darlle tempo q nos acabaran sorprendendonos a todos

    ResponderEliminar
  5. Claro que sí, temos que ter un pouco de calma e tranquilidade, que vaian collendo seguridade e se "lancen" cando de verdade teñan ganas, eso sí, está ben que de vez en cando os animedes para que se esforcen en facer as cousas que lle costan (non só facer as que lle resultan máis sinxelas), é dicir, que vaian tendo retos e obxectivos un pouquiño máis elevados cada vez. Animar sen forzar, se na casa son capaces de contarvos o significado desas palabras e porque o saben, iso quere dicir que tamén o poden explicar no cole, así que recordádelle que o poden facer e (como estades comentando)si se esquivocan, repetímolo; o importante é non abandoar, intentalo de novo. Eu sei que pouco a pouco irán participando todos!!!! Grazas por este entusiasmo que mostrades todos co proxecto, é xenial traballarcon nenos e nenas motivados!

    ResponderEliminar