UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 29 de noviembre de 2017

REMATANDO O TRIMESTRE

   Mañán remata o mes de novembro e os nenos e nenas da Pementeira están emocionados co comezo de decembro porque todos teñen ben claro que chega o Nadal (e con él os agasallos de Papá Noel e os Reis Magos). 
    Na aula estamos facendo moitas cousas en relación co proxecto Nautilus  e seguimos coas rutinas cotiás pero, tamén, estamos empezando algunhas tarefas propias desta época.
    Os venres levamos o Pasaporte Lector e como temos varios libros novos na aula, todos queren ser os primeiros en escoller pra poder levar o seu favorito (por exemplo "As aventuras de Ulises" que está causando furor).








    En relación con esta actividade de animación á lectura, quería pedirvos aos papás e mamás que, cando fagades a "ficha" do pasaporte, animedes aos nenos e nenas a escribir  a data completa (como se explica na 1ª páxina do caderniño) e o seu nome cos apelidos , xa que así iranse acostumando a facelo igual que n cole e, a forza de practicar, cada vez lles será máis doado e escribirán con moita máis soltura. En xeral, xa se percibe na aula que teñen moitísima máis facilidade para copiar da pizarra ou das tarxetas que eu lles preparo e, deste xeito, van asociando de xeito natural as grafías cos fonemas e as agrupación de letras formando sílabas e palabras.
    Por outra banda, tamén aproveito para recordarvos que os libros son de todos e é moi importante coidalos e non estropealos porque todos os pementeiros/as ueren disfrutalos en igualdade de condicións. As tarxetas cos títulos que van dentro de cada exemplar deben volver ao cole xa que, de non ser así, teño que facer unhas novas cada vez que alguén quere levar ese libro.
    Seguimos recibindo algunhascousiñas para o noso recuncho do Nautilus:
     Marcos trouxo outro libro moi interesante (sobre todo porque trae unha imaxe dunha medusa "ovo frito" que a Marcos o deixou abraiado) e Anrís unha caracola fermosísima que, como vedes pola súa expresión, está encantado de mostrarnos en todo o seu esplendor.

Resultado de imagen de gifs animados caracolas
   Hoxe estivemos traballando bastante ben, con un nivel de concentración salientable, escoitando música e poñendo atención na escrita da data e o nome cos apelidos. 






  E xa estamos empezando cons algunhas cousiñas que están relacionadas co final do trimestre como, por exemplo, a decoración das bolsas. Vouvos mostrar os traballos no seu estadio inicial porque o resultado final terá que ser sorpresa, por suposto.

















 
   E seguirei informando a ver como evolucionan os diferentes traballos  e outras cousiñas que aínda non vos mostrei...

Resultado de imagen de gifs animados ballenas



1 comentario:

  1. Agora quedamos intrigados. JA JA.
    Moi bo traballo chic@s.
    A Marcos encantoulle o libro que atopamos nunha tenda porque trae un monton de animais mariños con nome curioso (o que mais o da medusa huevo frito). Tardaballe en chegar o luns para compartilo cos compis. Espero que a todos lle guste tanto como el

    ResponderEliminar