UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 5 de noviembre de 2017

PASAPORTE LECTOR

     O venres comezamos a rutina do Pasaporte Lector. Cada neno/a escollerá un libro da biblioteca de aula para levar á súa casa e disfrutalo, coa súa familia, todo o fin de semana. Despois de lelo pode facer unha ficha sinxeliña do pasaporte. O caderniño leva, tamén, unha folla explicativa cunhas indicacións que nenos/as e pais/nais deberían respectar:
  • Hai que coidar os libros; se algún libro se rompe ou deteriora nun domicilio haberá que repoñelo para qe os outos/as compañeiros/as da aula tamén o poidan disfrutar.
  • O libro e o pasporte deben volver ao cole o luns.
  • A ficha do pasaporte lector faise empregando letras maiúsculas. Os libros levan unha tarxeta dentro co título escrito en maiúsculas. A data e o nome cos apelidos poden copialos dunha tarxeta similar que lle poden preparar os papás/mamás.
  • O debuxo do conto é para que o fagan os nenos/as.

    Varios pementeiros/as conseguiron preparan o seu pasaporte a tempo para levalo á casa e marcharon moi felices ¡Parabéns a todos eles! Os que non o conseguiron este venres, teñen que rematar a tempo o próximo para poder escoller o seu libro tamén.













    Outra actividade que fixemos todos xuntos foi cambiarlle a auga a Moby Dick. A nosa tartaruguiña come moi pouquiño (a verdade é queparece que non come nada e, ás veces, está moi quietiña na súa "casa" como se durmira) pero encántalle cando lle poñemos auga fresquiña e limpiña. A auga do grifo non lle gusta nada, nada; así que de cando en vez collo auga nunha fonte natural no monte e tráiolla para ela. Entón, en canto lle limpamos a peceira e lle cambiamos a auga empeza a nadar a toda velocidade. O venres estivemos observando como disfrutaba.








   E, para rematar, aquí están as últimas dúas aportacións para o recuncho do Nautilus: Óscar trouxo un polbiño pequeno de cor violeta e Enzo unhasmanualidades moi chulas, outro polbo e unha tartaruga igualiña a Moby Dick.




1 comentario: