UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 30 de enero de 2015

PHILAE TEN UNHA NOVA MISIÓN: EXPLORAR A SEMENTEIRA

Hoxe foi un día importante dentro do Programa Espacial de Infantil do Rosalia (PEIR). O robot Philae tiña unha nova misión: despois de explorar a Pementeira, chegou o momento de explorar un novo territorio, a aula A Sementeira, na que están os nenos e as nenas de 5 anos.
Tivemos que preparar a misión con coidado. 
1.-O primeiro foi escribir a mensaxe que Philae tiña que entregar na aula veciña cando chegase para realizar a súa exploración do territorio sementeiro.


2.- Tras a colocación da mensaxe no robot, todos os pementeiros fomos moi, moi caladiños cara a porta da Sementeira para iniciar a misión exploratoria coa intención de coller por sorpresa aos sementeir@s.

3.- Con sumo coidado abrimos a porta da aula e puxemos a Philae en funcionamento. A primeira parte deste paso sucedeu de maneira exitosa: ninguén escoitou que abríamos a porta e Philae entrou dereitiño cara adentro. Pero na segunda parte deste paso, tivemos un pequeno erro: a mensaxe non estaba ben suxeita e caeu na entrada. Aínda así, atopouna un neno e xa lla entregou á profe Ana.

4.- Philae moveuse por toda a aula realizando correctamente a súa misión exploratoria. Non atopou signos de vida extraterreste. Pensamos que todos os individuos que se encontraban na Sementeira son exemplos claros de que hai vida intelixente nesta aula.










5.- Un habitante da Sementeira realizou a lectura da mensaxe de paz de Philae ante a atenta mirada dalgunhas das visitantes pementeiras.
6.- Os habitantes da Pementeira aproveitaron a situación para facer a súa propia exploración do territorio sementeiro e descubriron un cohete espacial que os deixou coa boca aberta.


7.- Tras o éxito da misión de paz de Philae na Sementeira, os habitantes pementeiros despídense para retornar ao seu territorio e preparar a seguinte misión programada dentro do PEIR (Programa Espacial de Infantil do Rosalía)

 

PRÓXIMA MISIÓN: EXPLORAR O PASEO DO ESPOLÓN (TERRITORIO DOS NOVOS HABITANTES DO COLE ROSALÍA QUE TEÑEN 3 ANOS)








5 comentarios:

  1. A profe do Paseo do Espolón está desexando que Philae nos visite. A ver con que cara quedan os nenos e nenas de 3 anos cando vexan aparecer a mascota dos pementeiros.

    ResponderEliminar
  2. A profe do Paseo do Espolón está desexando que Philae nos visite. A ver con que cara quedan os nenos e nenas de 3 anos cando vexan aparecer a mascota dos pementeiros.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O luns empezamos a nova misión. Temos que mellorar algunhas cousas, como colocar ben a mensaxe que leve Philae para que non se perda no camiño. Na Axencia Espacial Pementeira (AEP) estamos xa estudando os tipos de anclaxes que temos que colocar en Philae. Grazas profe María por visitarnos e deixar a túa mensaxe. Pronto iremos explorar o Paseo do Espolón.

      Eliminar
  3. ALUCINANTE (ou era ALUNIZANTE????) Ja,ja,ja,
    Pois repito, alucinante esta nova misión espacial especial da aula a sementeira dentro do PEIR. Pensar que aos da NASA lles leva un montón de tempo (anos) deseñar e preparar un robot e unha misión e aquí no Rosalía, en uns días xa esta o robot en funcionamento e realizando a súa misión casi perfecta (ese papeliño que non sabía estar quieto no seu sitio...) Non hai cousa que se vos resista. Futuros científicos, astrónomos, astronautas... supoño que o pasariades en grande. Pola parte que me toca a min, os sementeiros e sementeiras quedaron un pouco "descolocados" ao veren entrar esa "cousa" que "non me acordo como se chamaba, mamá" na súa aula. Pero será unha desas cousas que creo que non se olvidan.
    NORABOA. Non teño outra palabra.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Foi xenial, porque os pementeiros conseguiron estar caladiños mentres eu abría a porta e collemos aos habitantes sementeiros desprevenidos, jajajaja. A emoción tanto dos pementeiros como dos sementeiros foi tal que por un momento estivemos preocupados pola integridade de Philae. Agora a ver se a próxima misión tamén é un éxito!!!! Grazas Pili!!!

      Eliminar