UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 8 de enero de 2015

OS REIS MAGOS PASARON POLA PEMENTEIRA

Hoxe pola mañán, nada máis entrar na aula, atopei un montón de apquetes. Non quixen tocalos porque, a verdade, pensei que seguramente serían agasallos que os Reis Magos deixaron na Pementeira para todos os nenos e nenas que voltaban das vacacións de Nadal.

Cando entraron todos os pementeiros/as na aula, a verdade é que non levaron moita sorpresa. Algúns mesmo pensaron que os Reis se equivocaran e eses paquetes non eran para deixar aquí, pero cando lles dixen que se non eran para nos, non podíamos abrilos e tíñamos que buscar aos seus donos, decidiron que seguro que os Magos, ou quizá Papá Noel, querían deixarnos algo para ter na aula (aínda que tamén é certo que, máis de un preguntou se os podían levar para a casa). Eu penso que esa era a realidade. Os Reis Magos sempre procuran deixar algunha cousiña interesante nos sitios onde os nenos pasan moito tempo, xa que a eles lles gusta que estén xuntos e aprendan e disfruten.

Así que, unha vez resolto o misterio tocaba abrir os agasallos. ¡Mirade que sorpresas máis requetechulis!













Despois de merendar, como tíñamos gardadas algunhas cousiñas da festa de antes de vacacións, os nenos e nenas que quixeron poideron tomar un cachiño de turrón, unhas trufas ou uns mazapáns.












Con todo isto, penso que o primeiro día despois das vacacións de Nadal non estivo nada mal, verdade?




No hay comentarios:

Publicar un comentario