UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 21 de mayo de 2014

UN DÍA NORMAL

Seguimos traballando e disfrutando na "Pementeira". Hoxe foi un bo mércores, e os días así son cada vez máis habituais na aula. Seguimos mostrándovos ás familias como é o noso ambiente de traballo con vídeos, para que teñades oportunidade de mirar dende casa como están os vosos/as nenos/as no cole
No primeiro vídeo podedes ver como os pementeir@s están facendo unha actividade impresa, nesta ocasión  con música xamaicana (por iso de ponerlle un pouco de caloriña a este frío día de maio).

No segundo entrades directamente nos ensaios do "festival" das Letras Galegas (no que os nenos e nenas de infantil van cantar e representar con xestos a canción "Xan" de Uxía Senlle, do audio-libro "Rosalía pequeniña")



2 comentarios:

  1. Que ben estos rapaces e rapazas. Seguide así que estades a facelo moi ben.
    Esta claro que con esforzo (unhas veces mais ca outras) todo se logra. E despois o resultado paga a pena e é de agradecer.
    Moi simpaticos coa canción de Xan. Por certo, ONDE É QUE HAI QUE IR BUSCAR UN XAN DESES???
    Se alguen sabe a dirección que a vaia pasando. Ja, ja, ja.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esa é a miña filosofía: temos que intentarfacer cousas e esforzarnos (porque esa idea de que todo se consigue sen esforzo penso que non é moi certa, verdade?, a min hai moitas cousas que me costan traballo e seguro que aos demáis tamén) e aí estamos, na procura dese interese por mellorar e de acadar a satisfacción de facer algo por nós mesmos. Quero convencerme de que xa avanzamos bastante na "Pementeira" nese aspecto, jajajaja, e agradecemos moito que haxa papás e mamás que nos animan. Así que unha vez máis, grazas pola túa visita e os teus comentarios. E cando atopemos un Xan destes, xa che avisaremos, jajajaja. Pero polo menos estamos disfrutando moito coa canción e iso sempre ven ben.

      Eliminar