Na aula "A Pementeira" levamos unha temporada falando das emocións. Temos un novo libro viaxeiro (que xa estivo en tres domicilios) no que a través de sinxelas poesías reflexionamos sobre as situacións que nos poñen felices, tristes, enfadados ou sorprendidos. Os pementeir@s colaboraron na realización do libro representando con xestos as diferentes emocións.
Tamén lemos moitos contos que nos axudan a recoñecer as distintas emocións, a valorar por qué nos sentimos dunha determinada maneira e a intentar comprender como se sinten os demáis cando facemos algunhas cousas. Esta semana lemos dúas historias moi bonitas que nos falan do amor, e do que podemos facer para que os nosos amigos e amigas sexan felices, e de que non importa que sexamos diferentes para disfrutar xuntos (ben ao contrario, as diferencias enriquecen a nosas vidas).
Tamén podedes disfrutar na casa da canción de Crocodilo namorado se vos apetece. Aquí tedes o vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario