UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 31 de mayo de 2014

HOMENAXE A ROSALÍA E MÁIS COUSAS

Hoxe venres, rematamos a semana con poemas, cancións, xogos, colchonetas e espuma.
Pola mañán, tivemos o festival en homenaxe a Rosalía de Castro. Teño que dicir que quedei moi contenta coa actuación dos nenos e nenas de infantil, que o fixeron moi ben e con moita alegría. Sei que hai por aí algún vídeo que nos gravou unha profe, así que cando o teña espero compartilo con todos vos. Agora déixovos aquí unhas fotos e un vídeo dunha muiñeira que bailaron un grupo de nenos e nenas de infantil e primaria. Teño que felicitar desde aquí a Ramón e a Sara (do Paseo do Espolón) porque bailaron como auténticos profesionais.

































Despois do festival, tocou repoñer forzas...





E pola tarde, algo moi divertido para os máis peques: as colchonetas (nas que disfrutaron a tope brincando e escalando pola corda) e os xogos. As fotos falan por si soas.

















































Despois das colchonetas, e de buscar os zapatos para volver a calzarse, pasamos ao xogo da escoba. Eso sí os pementeiros tiñan máis ganas de bailar coa escoba que de buscar compañeiro. 











E para rematar a xornada, xa fóra do horario escolar, os nenos/as e as familias disfrutaron da festa da espuma que foi... ¡ESPECTACULAR!





































 ¿Qué vos parece? Non estivo mal para rematar a semana, verdade?




2 comentarios:

  1. Disfrutaron todos un montón na espuma, e algún maior rabiando por meterse.

    ResponderEliminar
  2. Estaban ben simpáticos cheos de espuma!!!!

    ResponderEliminar