UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 28 de febrero de 2014

¡FESTIVAL DE ENTROIDO!

Hoxe foi un día estupendo no cole. Celebramos un Entroido cheo de cores, de bailes, de disfraces divertidos, de filloas, de orellas e de rosquillas. Todo saiu realmente ben: os nenos e nenas viñeron todos moi elegantes, os bailes saíron requetebén, a merendola estaba riquísima... O único que nos apena é que a causa das previsións do tempo (que auguraban choiva) non houbo festival fóra e tivemos que facer todo o "espectáculo" no ximnasio onde non hai espazo suficiente para que estén presentes todos os papás e mamás.
Espero que, polo menos, as fotos que poñemos nos blogues sirvan para que as familias poidades compartir dalgunha maneira esta xornada festiva.
Desde A Pementeira quero dicir que o baile medieval saiu perfecto, que todos os nenos e nenas o fixeron moi ben, que disfrutaron moito das actuacións de todos os demáis compañeiros do cole (miraban sen pestanexar, coa boca aberta e sen perder detalle), que comeron moitísimo (e aínda así unha vez máis sobrou moita comida, grazas por todo o que mandástedes pero non fomos quen de acabalo, eu todo o que probei estaba boísimo)... Así que, espero que todos/as chegaran felices a casa despois dun bo día no cole.
Aquí vos deixo fotos para que, alomenos, teñades unha pequena mostra de como foi este día de Entroido.







































 Despois de posar diante dos nosos decorados medievais, chegou o momento de bailar...































































Por último, os artistas tiñan que repoñer forzas... así que ¡merendola!



















6 comentarios:

  1. Unha moi boa festa, E boa larpeirada. Grazas pola reportaxe.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a ti por visitar o blog e deixar o teu comentario. Foi un día estupendo e penso que aos nenos/as lles vai gustar ver as fotos agora e,espero, dentro duns anos tamén.

      Eliminar
  2. Graciñas Teté por deixar que a túa cámara sexa os nosos ollos no cole

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. De nada. Sei que moitas veces non saen moi ben as fotos ou os vídeos porque non hai tempo de poñerse a enfocar ou controlar a luz e demáis cousas, jajajaja, pero polo menos queda un recordo do que vivimos no cole. Fágoo con toda a ilusión de que a vos guste velo. Grazas a ti, Lucía!

      Eliminar
  3. Sabia que ti non nos fallarías... MIL GRAZAS Teté... estupendo traballo...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O feito de comprobar que moita xente visitou esta entrada para botar un ollo ás imaxes desta celebración (que realmente foi divertida e moi agradable) xa me anima a seguir poñendo cousiñas. É moi gratificante ver que esta ventá aberta ao cole ten sentido así que GRAZAS a ti por visitarnos e por deixar o teu comentario, sobre todo grazas polos ánimos, con esa visión positiva das cousas, é máis fácil seguir adiante.

      Eliminar