UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 2 de febrero de 2014

PINTANDO A IDADE MEDIA 1

Non hai mellor maneira de coñecer a historia que tratar de vivila en primeira persoa. Por iso procuramos encher os espazos de infantil de elementos decorativos que nos axuden a sentirnos parte dun mundo xa pasado no que había castelos, cabaleiros,damas, trobadores e bufóns. Por iso temos obxectos relacionados coa Idade Media no noso recuncho, por iso nos disfrazamos e lemos contos que nos transportan a outra época.
Na aula "A Pementeira", así como na "Sementeira" e no "Paseo do Espolón", tamén estamos pintando distintas personaxes que nos axudan a coñecer como se vivía na sociedade feudal. As profes facemos as siluetas en grande e, despois, entre todos os nenos e nenas, van pintando cada día un pouquiño ata que completamos a tarefa. Os pequepementeir@s comenzaron pintando un bufón.
Aquí vos deixo as fotos do proceso e o resultado final.
















¡PARABÉNS PEMENTEIR@S! 
¡O BUFÓN QUEDOU FANTÁSTICO!



2 comentarios:

  1. Estou pensando que, para poder ir buscar ós nenos de infantil imos ter que comprar un cabalo e vestirnos de epoca. Ímolo crer de verdade e meternos de cheo no papel. Noraboa por ese traballo en equipo. Seguide así.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Pili (coma sempre), certamente temos moita sorte porque entre tres todo é máis levadeiro e luce máis. Esperamos que os nenos e nenas de infantil disfruten con toda esta decoración e ambientación medieval. Nós estamos convencidas de que algo quedará nas súas cabeciñas, así que paga a pena. E, como sempre digo, o feito de que vós o valoredes e participedes, fai que o noso traballo sexa máis significativo para eles, que en definitiva son os destinatarios das nosas actividades.

      Eliminar