UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 27 de enero de 2015

¡NORA XA TEN 5 ANOS!

¡Como pasa o tempo! Xa temos unha "pementeira" que ten 5 anos. Nora trouxo hoxe unha caixa de galletas para compartir cos seus compañeiros e compañeiras de aula para celebrar que está feita unha moza de 5 anos xa. 
Houbo que apagar as candeas, cantar o cumpleanos feliz e, despois, ¡a comeeeeeer!




























E despois da festa, Nora quixo compartir os bombóns con todas as profes. ¡Que contentas quedamos! ¡Estaban deliciosos! Grazas Nora (e grazas aos seus papás por mandarnos estes sabrosísimos bombóns!







domingo, 25 de enero de 2015

CARTA PARA OS NENOS DO PROFE ALBERTO

Levamos varios días escribindo unha carta para os nenos e nenas de catro anos do CEIP Plurilingüe Tirán (Moaña). O seu profe, que se chama Alberto, e máis eu pensamos que sería moi interesante establecer unha comunicación entre os nosos grupos de alumnos/as mediante cartas, e quizá algún que outro correo electrónico, para que se vaian acostumando a redactar, a contarlles cousas aos seus amigos por escrito e para revivir esa emoción de enviar as misivas e esperar durante uns días as respostas.
Antes de escribila decidimos entre todos o que lle queríamos contar e eu anoteino nun papel para non esquecernos. Despois todos participaron na escritura da carta e algúns mesmo se animaron a decorala un pouquiño.Aquí vos deixo a nosa primeira carta para os nenos e nenas do profe Alberto.








E agora temos que esperar a ver que nos contan os nosos novos amigos e amigas.
¡Que ganas temos xa de recibir a súa carta!






jueves, 22 de enero de 2015

PHILAE EXPLORA "A PEMENTEIRA"

Esta semana está resultando bastante productiva na Pementeira. Estamos conseguindo respectar unhas normas de comportamento así que podemos traballar un pouquiño e tamén facer outras cousas como escribir unha carta para os nenos/as de outro cole, pintar con acuarelas, escoitar música, xogar nos recunchos, mirar os libros do espacio... 
A nosa poesía "Viaje Espacial" xa empezou a visitar os domicilios dos nenos/as e, tamén, unha fantástica mochila espacial está percorrendo os fogares pementeiros.




O tema do noso proxecto é moi interesante e atractivo para todos os nenos e as nenas e, de vez en cando, aínda recibimos algunhas cousas para o noso recuncho. Onte Leo trouxo un conto elaborado por el mesmo coa axuda da súa nai que nos gustou moito.






E hoxe Sara trouxo dous libros interesantísimos que veñen a completar aínda máis a nosa "biblioteca espacial". Os pementeiros estaban "alucinados" mirando os novos libros. ¡Mirade que cariñas!



Pero o mellor do día, penso eu, foi que na nosa aula aterrizou un robot disposto a facer unha misión de exploración, que levaba xa tempo programada pero que por un problema coas baterías (básicamente o problema era que non tiña pilas) non podía levarse a cabo.

Por suposto, cando preguntei que nome lle íamos poñer ao  robot que nos trouxeron os Reis Magos, a resposta foi rápida e unánime. ¡PHILAE! Non podía ser doutra maneira.
E agora déixovos un vídeo de Philae explorando "A Pementeira"

Para rematar esta entrada de hoxe, tamén quero compartir coas familias outro vídeo do traballo cotián na aula disfrutando, ao mesmo tempo, da música. Xa sabedes que a min me gusta que a música nos acompañe día a día axudándonos a relaxarnos, espertando sensacións agradables, facéndonos sentir distintas emocións, proporcionándonos experiencias diversas... E pouco a pouco, penso eu, estes pequenos/as disfrutan máis coa música clásica porque xa a perciben como algo habitual e van aprendendo a sentila e a percibir o seu ritmo e a súa armonía.



martes, 20 de enero de 2015

UN VIAJE ESPACIAL

Hoy, ¡por fin!, comenzó a viajar  a los domicilios nuestra poesía personalizada  "VIAJE ESPACIAL", que relata el recorrido galáctico, estelar, planetario y sideral realizado por los chicos y chicas de "A Pementeira".
Creo que todos tienen muchísimas ganas de compartirla con su papá y su mamá. En clase nos reímos mucho cada vez que la leemos así que espero que todos en casa también la disfrutéis de verdad, porque fue escrita con esa ilusión, la  de proporcionar un ratito de alegría y diversión. 
Además tiene vocabulario relacionado con el proyecto en el que estamos trabajando de manera que, de paso que nos echamos unas risas, recordamos y fijamos conocimientos.


La primera afortunada fue Mencía, que era la encargada del día. ¡Mirad qué contenta se fue a casa!
Mañana otro "pementeiro/a" será el afortunado que se llevará el "VIAJE ESPACIAL" a casa.
Espero que todos cuidéis mucho el libro (que también lleva unos pequeños astronautas para jugar y que no deben perderse en las casas ya que deberían poder disfrutarlos todos) y, sobre todo, que paséis un rato agradable con vuestros hijos/as.


lunes, 19 de enero de 2015

UN LUNS ESTUPENDO

Hoxe empezamos moi ben a semana. Tivemos dúas sorpresas: a primeira foi que Candela entrou de primeiriña co seu papá porque traían un Sistema Solar magnético super-chulo que pesaba bastante. E a segunda sorpresa foi cando xa tocou o timbre e vimos que chegaba Inés ao cole depsois de faltar unha semana enteira porque tivo varicela.
A verdade é que o resto do día transcurriu realmente ben, do cal me alegro moito porque é importante aprender e traballar no cole pero disfrutando e pasándoo ben. 
Así que... ¡parabéns para todos os pementeir@s que hoxe se portaron ben e disfrutaron no cole!