UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 7 de junio de 2018

ALEJANDRO V.S. XA TEN CINCO ANOS!

       ¡Outro cumple máis na Pementeira! Hoxe celebramos o aniversario de Alejandro Vázquez Seco que xa é todo un mozo de 5 anos. Seguimos a nosa rutina habitual nestas celebracións e o primeiro foi apagar as conco candeas. Alex puso toda a súa concentración na tarefa e soprou e sopro coma o lobo do conto dos porquiños. Despois todos xuntos disfrutamos do biscoito que estaba delicioso. A profe María e máis eu tamén o probamos... e como xa imaxinaredes, eu caín desmaiada do delicioso que estaba.





 Resultado de imagen de gifs animados feliz cumpleaños

















Resultado de imagen de gifs animados fiesta de cumpleaños

martes, 5 de junio de 2018

RESTAS, FRESAS E QUELONIOS

      Xa sabedes o que me gustan a min estes títulos no blog porque representan perfectamente o que é un día calqueira na aula saltando dunha resta a unha fresa ou a un quelonio. Aquí todo pode convivir e no noso día a día temos tempo para todo...
     Sei que algúns nenos/as xa o comentaron na casa, e é certo, neste terceiro trimestre xa empezamos a facer restas. O concepto está perfectamente comprendido e agora hai que ir prestando atención aos signos das operacións matemáticas para saber se temos que sumar e restar. Xa fixemos algunhas restas no papel e, por suposto, xogando ou facendo o panel. E onte estivemos practicándoas na PDI, e todos querían sair á palestra. ¡Que ben! Parece que non teñen medo de facer cousas novas diante do resto do grupo e iso paréceme estupendo.
















     Na hora da merenda levamos unha sorpresa porque Manolo trouxo fresas para todos e, como algúns nenos/as non trouxeran merenda, tamén abrimos unha caixa de galletas que nos quedara en reserva desde o cumple de Dani. Sobra dicir que aínda despois de merendar, había ganas de galletas e non quedou nin unha.
       



    E hoxe fixemos unha actividade impresa sobre os quelonios que a todos os pementeiros/as lles saiu moi ben. Mirade!