UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 10 de junio de 2017

RECREACIÓNS OBRAS DE ARTE

      Onte recibimos unha nova recreación dunha obra de arte. Óscar trouxo a súa fotografía emulando o "Home melancólico" de Vincent van Gogh.  Como vedes , coa súa roupa azul, o estilo da silla e a posición corporal, Óscar reproduce perfectamente ese sentemento de tristeza que pintou van Gogh.
 Resultado de imagen de hombre melancolico van gogh

      Estou moi contenta porque os nenos e nenas das aulas de 4 e 5 anos, coa colaboración das súas familias, claro, tamén se animaron a participar neste xogo de imitar pinturas ou esculturas famosas e importantes dentro da Historia da Arte universal, e están facendo aportacións ben bonitas e realmente elaboradas.
       Na aula de psico, as profes colocamos unha pequena exposición con todas as recreacións que recibimos. Como imos ter unha reunión grupal o próximo mares, podedes aproveitar para contemplar toda a decoración dos espazos comúns de infantil realizada dentro do noso proxecto de arte. Se alguén máis se anima a facer unha recreación artística (hai varios/as pementeiros/as que non participaron no nosos xogo) aínda estades a tempo...





      Como vedes, pouco fai falta para recrear unha obra de arte: algunha prenda de roupa máis ou menos parecida á que mostre a pintura, algún accesorio concreto que teñamos pola casa e, sobre todo, tratar de emular unha postura ou un enfoque. Hai algunhas realmente bonitas e feitas con poucos recursos ou elementos. ¡Veña, animádevos a facer algo divertido que xa estamos rematando o curso e pechando este fantástico proxecto!
       Tamén organizamos un recunchiño adicado á escultura con traballos e fotografías aportados plos nenos e nenas.

      ¡Esperamos a vosa visita a este peculiar, personal e especial museo de arte!

2 comentarios:

  1. A verdade e que Óscar encantado de facer a foto ,seus irmans tamen claro jaja

    ResponderEliminar
  2. Quedou xenial!!! Encantanme as recreacións, xa estou desexando poder velo en directo 👏👏👏👏

    ResponderEliminar