O equipo de infantil inicia un novo proxecto que, esperamos, guste a todas as familias: ¡un periódico!
Este xornal chamado "Novas de Infantil" terá unha periodicidade trimestral e pretende facer un pequeno resumo das actividades que levamos a cabo no ciclo de infantil durante cada un dos tres trimestres do curso. Esperamos que disfrutedes pasando un par de minutos lendo este xornal relaxadamente e que o gardedes como recordo das experiencias que os vosos fillos e fillas están a vivir no cole. As profes de infantil fixémolo con ilusión, con un interés de permanencia, e con vontade de facer da educación e formación dos máis pequenos unha labor conxunta entre a escola e as familias.
Cada neno/a levou o seu exemplar pero se queredes velo aquí, no blog, tamén, podedes clicar no logo que aparece a continuación (ou no lateral do blog) e así accededes ao documento en PDF.
Cada neno/a levou o seu exemplar pero se queredes velo aquí, no blog, tamén, podedes clicar no logo que aparece a continuación (ou no lateral do blog) e así accededes ao documento en PDF.
Aproveito esta entrada para mostrarvos unhas fotos das actividades que fixemos o venres na Pementeira. Por unha banda estivemos traballando ca PDI reforzando conceptos de lóxica-matemática e lecto-escritura. E, por outra banda, iniciamos unha nova actividade de arte (pero non vos vou revelar en qué vai consistir; iso verémolo a semana que ven). Con cartulinas de cores, realizamos unhas formas máis ou menos xeométricas, que os pementeiros/as estiveron picando cos punzóns (por certo que o fixeron requetebén).
Agora queda averiguar que faremos con esas figuras xeométricas...
ENCANTANOS!!!😊, O blog xa nos ten enganchadisimos, grazas a el tamen xa temos gardados un monton de recordos, a maiores agora un xornal, jolin somos uns privilexiados, MIL GRAZAS😊
ResponderEliminarEnzo xa me dixo hoxe que el non tiña o xornal na casa porque tivera tos o venres. Tiña ganas de levalo! Marchou todo contento con el!
EliminarGracias de novo por outro regalo en forma de xornal. Menuda sorpresa cando abrin a mochila. Resulta q este era o periódico q estiveran lendo onte. Encantame. Fantástico traballo. Gracias pola vosa dedicación, esforzo e cariño. Porque esta claro q llo poñedes a todo o q facedes
ResponderEliminarMoitísimas grazas !!!
ResponderEliminarGrazas por facernos partícipes de todo o que acontece na aula, encantounos o xornal. E grazas pola vosa dedicación e cariño, os nenos van felices para o cole e disfrutan moitísimo aprendendo.
Bicos
Grazas a todas as familias que recibístedes o xornal con ilusión! Ese tempo que adicades aos nenos/as, lendo xuntos, vendo cousas que fan no cole, disfrutando do que vos contan é moi importante para lograr que gañen confianza en si mesmos, que teñan unha visión positiva do cole e teñan ganas de facer máis cousas e compartilas convosco na casa. Así que grazas a todos/as por participar dese xeito na vida escolar.
ResponderEliminarMoitìsimas grazas polo xornal¡¡¡recibimos con moita ilusiòn o xornal!!!! ¿¿que seràn esas figuras xeomètricas??jejeje
ResponderEliminar