UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 25 de enero de 2017

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

      Falta pouquiño para que chegue o Día Da Paz. Como xa sabedes o 30 de xaneiro conmemoramos o Día da non Violencia e a Paz recordando a figura de Gandhi (asasinado ese día) e a todos aqueles persoeiros que traballaron por lograr un mundo máis xusto, igualitario e pacífico para todos. 
       Levamos xa varios días cantando cancións sobre este tema, como por exemplo "Toc-Toc" de Pablo Díaz e "Paz, paz, paz" de Juanes.

Resultado de imagen de un cuadro de picassoTamén decidimos entre todos os nenos e nenas de infantil e as profes facer unha versión chea de cores do GUERNICA de Picass. Falamos un pouquiño da obra, observamos as formas e figuras que a compoñen e analizamos o seu significado. A profe María prestounos hoxe un libro moi interesante que nos axudou a reflexionar sobre o importante que é vivir en paz.
     Hoxe oprotagonista do día, o Willy Fog da Pementeira foi Enzo que pasou lista, axudou a repartir os materiais de traballo polas mesas e foi de primeiro na fila. Fixo moi ben o seu papel e penso que se sentía moi orgulloso.





     Despois das tarefas do día, tivemos tempo de pintar o gran Guernica que colocamos no corredor. Aínda que sabemos que Picasso pintou esta gran obra empregando só negro, gris e branco, nós estámolo enchendo de cores para, simbólicamente, transformar a dor e destrución das guerras en paz e alegría. Como vos decía, os nenos e nenas de A Sementeira e o Paseo do Espolón tamén están pintando, É un mural grande que quedará fantástico grazas a cooperación de todos.






























        E aínda que hoxe non foi o día máis pacífico do ano, estivemos tratando de reconvertir un día difícil nun día máis agradable. Así que fixemos unha reunión de profe-alumnos/as para reflexionar sobre algunhas normas da aula, sobre a importancia de colaborar todos para pasalo ben, e decidimos que temos que esforzarnos todos en non berrar, en respectar aos nosos compañeiros (sen pegar, morder ou empurrar), en facer as nosas tarefas con atención e coidado, en saber esperar o noso turno e pedir permiso ás profes... En fin, parece que ao final, o día acabou mellor do que empezou e fixemos unha actividade que nos fixo rir a todos... ¡Mirade!

  Pero, que lle pasou a Adan, que está aí tirado????? Non vos preocupes. Non caeu. É que foi o encargado de axudarme a min a pintar unha silueta como as de Keith Haring, un artista americano,  moi pop, que transmite sempre movemento, simplicidade e vida.






Resultado de imagen de https://Keith hering


Esta é a silueta de Adan que despois pintaron os pementeiros e pementeiras...

Os nenos e nenas puxéronse tan contentos que daban saltos e morrían de risa ao ver a figura de Adan que eu fun facendo co rotulador delineando o seu corpo no papel. Despois de saltar, empezamos a coloreala e quedou xenial. Pronto veredes o que imos facer con ela e descubriredes, tamén, as que pintaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos.


















     En fin, a ver que pasa mañán. Novas haberá seguro porque hoxe Marcos trouxo unha recreación dunha obra de arte ben bonita. Mañán falaremos dela e sacaremos a foto para que a vexades todos.


3 comentarios:

  1. Que mural máis grande! Seguro que ese Guernica queda xenial😊, igual que quedou a silueta de Adan. Estivemos escoitando a canción de "Paz,paz,paz" como unhas catro veces, encantalle a Enzo e a sua irman 😅, delatounos que a van a cantar no patio... Por certo moi orgulloso de ser Willy Fog😁

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E que Enzo disfruta moito, moito coas cancións e apréndeas rapidamente. Canta con ganas e entusiasmo.Alégrome de que tamén cantedes na casa porque asío luns farán unha actuación espectacular! Enzo estaba contento de ser o Willy Fog do día e pasou lista estupendamente. Agora nada máis entrar xa preguntan todos a quen lle toca!

      Eliminar
  2. Alégrome porque sempre insisto en que no cole temos moitos momentos estupendos, divertidos e nos que aprendemos moitas cousas pero, á veces, parece que nos quedamos nos detalles menos agradables. Por iso quería hoxe insistir nos bos momentos e no que investigamos e descubrimos cousas todos xuntos. Grazas por compartir isto no blog porque anima ver que vos transmiten o seu entusiasmo tamén ás familias! GRAZAS!

    ResponderEliminar